sábado, 12 de febrero de 2022

COMENTARIO DE TEXTO

PRANTO DA FROUXEIRA



COMENTARIO TEXTOS LÍRICOS 1. Comprensión do texto 2. Localización. Contextualización (autor, obra, época, movemento literario, xénero literario). Explicar 3. Análise do contido: tema - argumento. 4. Análise da estrutura: 
- MÉTRICA (estrutura externa) 
- SEMÁNTICA (estrutura interna) 5. Comentario estilístico (sempre xustificando, poñendo exemplos do texto): 1. Nivel fónico: verso, rima, rima e estrofa. Relacionar co movemento literario. Figuras retóricas baseadas no son onomatopea aliteración…): exemplos e con que finalidade se utilizan. 2. Nivel morfosintáctico: Predominio dunhas categorías gramaticais sobre outras. Sinalar que valor teñen. Tempos verbais que dominan e por que. Predominio da oración simple (estilo sinxelo) oración composta (complexidade). Figuras do plano morfosintáctico (exemplos e valor) 3. Nivel léxico – semántico: Palabras clave, presenza de palabras compostas, derivadas, valor connotativo dalgúns termos, sinónimos, antónimos... Figuras e tropos do plano léxico- semántico. Poñer exemplos e indicar por que están no texto. 6. Conclusión. Balance ou síntese das liñas máis xerais e importantes. Contrastar de forma breve o que di o autor e o que quere dicir, obxectivo do autor, relación co movemento literario, época...


EXEMPLO DE REDACCIÓN

LOCALIZACIÓN – CONTEXTUALIZACIÓN

O presente texto pertence ao xénero literario …. (lírico, narrativo, dramático). É obra de   …   ,poeta (autor, novelista….) do século …      , célebre por      …                               e entre cuxas obras destacan    …


O texto (fragmento, poema...) que comentamos pertence á súa obra …         destacada por tratarse de  ……….  

          

A obra deste autor insírese no movemento… (época…) caracterizada por…..     (contexto socio-cultural, características que o definen.

TEMA
O texto (poema, fragmento, relato,….) que nos ocupa trata o tema de…..
Nel, o autor conta ….. (argumento)

ESTRUTURA EXTERNA
Pola súa estrutura externa, os versos do poema constitúen un ……, é decir, unha composición formada por…. versos, de rima ….. , distribuídos en ……. A rima da estrofa axústase ao esquema de….. (soneto/pareado/cuaderna Vía, romance…)
 (*Pódese  engadir o esquema métrico: 8-8a 8-8a 8-8a …. A11B11B11A11, abab ...) 

ESTRUTURA INTERNA
Pola súa estrutura interna podemos dividir o poema en … parte.
A primeira comprende os versos….. e neles o poeta…..
A segunda abrangue…. Despoisna seguinte…  Por último, conclúe  que … 

COMENTARIO ESTILÍSTICO
En canto ao estilo, o poema comeza cun…. A continuación… Na primeira estrofa o poeta válese de….  SEMPRE XUSTIFICANDO E EXEMPLIFICANDO AS FIGURAS LITERARIAS

Nesta parte extendémonos falanddo autor, dmovemento, dacaracterísticasVque vemono texto 

(É importante  comentar o tipo de linguaxe que se utiliza)

Trátase  dunha  linguaxe  diirecta e sinxela /enrevesada e complexapropio da lírica/poesdesta época/do autor. … (*Adxectivos para describir a linguaxe: sinxela, coloquial, culta, complexa, antiga especializada ...)

Con este tipo de expresións, o autor busca chamaa atención/enfatizao tema/..A modalidade dlinguaxe máis utilizada é a descritiva/narrativa/estética/expresiva ..xa que utiliza sobre todoracións exclamativas/interrogativas ..., recursos propios da poesía, búscase a beleza no contido do texto ... aportar expresiividade, musicalidade…. 


En canto aos recursos retóricopresentes na poesía/obra, a nivel fnico atopamoonomatopea/aliteración  …..  Nos versos …. "  (cítase  textualmente o exemplo . nivel morfosintáctico, son frecuentes as anáforas/elipses/hipérbato... como é o caso do verso X , no que podemos atopar…..  Por ltimo, no nivel semántico podemo atopar recursos como metáfora/hipérbole/personifiación/metonimia...)

CONCLUSIÓN
En conclusión,  este poema …
O obxectivo do autor…

A importancia deste texto (poema, fragmento) atópase na súa ide principal, que se desenvolve ao longo da súa obra e representa as características do movemento ao que pertence

Relación coa época movemento…

sábado, 16 de octubre de 2021

LITERATURA POPULAR GALEGA

LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL
SUXESTIÓNS PARA RECOMPILAR, ARQUIVAR E DIFUNDIR LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL

1. Traballo de campo
Non se recomenda que os grupos de recollida sexan numerosos; tres, catro ou cinco membros, non máis. Se hai algún membro do grupo que sexa veciño ou teña parentes ou coñecidos na contorna de onde se pretende recoller, moito mellor. Os labores que cumpra facer deben ser distribuídos de antemán. Así, un debe ser o encargado de anotar os datos que vaian saíndo na conversa: nome e idade do informante, profesión e outros datos biográficos, relación por títulos ou primeiras palabras de cada relato que se rexistra, lugar e data de recollida, nomes correctos de lugares mencionados a propósito dunha lenda, etc. Outro membro do equipo será o encargado do aparello de gravación, procurando non interromper, por problemas técnicos, ou por torpeza, o desenvolvemento normal da conversa, nin o discurso do informante. O resto dos membros do equipo deben seguir con atención o que lles contan e irán sacando do cuestionario elaborado previamente temas para preguntar cando se esgoten os anteriores. Nunca se debe variar bruscamente o tema que o informante prefire, polo menos nas primeiras conversas con el. Endexamais debemos poñer en dúbida o que nos conta o informante.

1. LUGAR DE RECOLLIDA 
(Lugar, parroquia, concello) __________________________________________________ 

2. DATA DE RECOLLIDA ____________________ 

3. DATOS DO INFORMANTE 
Nome e apelidos ___________________________ 
Data de nacemento ____________________ 
Outros datos biográficos de interese: ______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________ 

4. CLASIFICACIÓN 
Denominación/Título ______________________________________________________________________________ Xénero Subxénero/ Tipo __________________________________________________ 


LITERATURA POPULAR_ACTIVIDADES INTERACTIVAS

LITERATURA POPULAR_UNIDADE DIDÁCTICA

LITERATURA POPULAR. TEXTOS E GRAVACIÓNS

domingo, 19 de septiembre de 2021

TEMA 1_ARDE LUCUS

TIPOS DE TEXTO



FESTA ROMANA-CELTA DE CASTRELOS (VIGO)

ROMANOS EN VIGO

FESTA DO ESQUECEMENTO- XINZO DE LIMIA



FESTA ROMANA EN MONTEFURADO

http://www.crtvg.es/informativos/o-pobo-de-montefurado-en-quiroga-recrea-o-seu-pasado-romano-vencellado-a-explotacion-de-ouro-643846

UNIDADES DA LINGUA





CLASIFICACIÓN DE PALABRAS

ACTIVIDADES TIPO DE PALABRAS SEGUNDO ESTRUTURA

SIGNIFICADO DOS SUFIXOS





Verbos 5. Analizar e segmentar

sábado, 30 de enero de 2021

SÉCULOS ESCUROS

PRESENTACIÓN SÉCULOS ESCUROS

Denomínanse Séculos Escuros os anos que van desde finais do século XV ata finais do XVIII, durante os que apenas hai cultivo literario en galego e a lingua deixa de usarse nos rexistros formais e nos ámbitos oficiais. Durante este período non podemos falar con propiedade de “Literatura galega”, senón máis ben de manifestacións literarias en galego, xa que son puntuais e en xeral non destacan por presentar grandes valores literarios, por non falar da súa escasa ou nula transcendencia dentro do ámbito cultural da época. A partir do século XVIII a presenza das ideas da Ilustración en Galiza supuxo o inicio dun cambio para a situación do país e da lingua. Os ilustrados son os primeiros que teñen conciencia da situación de atraso que padece Galiza e da necesidade de poñer os medios para saír desta situación, ademais de facer unha defensa da singularidade da realidade galega fronte as ofensas das que é obxecto por parte de Castela.



CAUSAS DA DECADENCIA
A decadencia da lingua e da literatura galega hai que situala no contexto dunha crise máis ampla que afecta a Galiza en todas os ámbitos, e que acabará por sumila na pobreza e na dependencia de institucións alleas, contrarias aos intereses dos galegos. Analicemos as principais causas que explican a decadencia da lingua e da literatura galegas durante os Séculos Escuros. Podemos distinguir causas de índole literaria e outras de carácter político.


Decadencia da escola trobadoresca.
A mediados do s. XIV, a lírica trobadoresca entra en decadencia. Os poetas que continúan compoñendo á maneira dos trobadores tenden a repetir vellas formulas e tópicos literarios que lles restan forza ás súas creacións. Trátase dunha literatura decadente que só é un mero entretemento para encher as horas de ocio dunha nobreza aburrida. 


A progresiva perda de independencia de Galiza dentro do reino de Castela.
Coa independencia de Portugal no S.XII Galicia queda nunha situación periférica sendo anexionada ao reino de Castela coa conseguinte perda de independencia e de poder político, sobre todo coa chegada da Monarquía centralista dos Reis Católicos. Pero esta perda de poder específico dos nobres galegos dentro do Reino de Castela xa se remonta ao conflito sucesorio que enfrontou a Pedro I (“o Cruel”) e Enrique de Trastámara, fillo bastardo do monarca que lle disputou o trono co apoio da nobreza castelá. Os nobres galegos que defenderon a causa do lexítimo herdeiro sufrirán as represalias de Enrique II unha vez sexa proclamado rei. A nova nobreza demostra un absoluto desprezo e incomprensión pola realidade galega e a súa cultura e interesados unicamente en acadar riquezas impoñerán aos labregos das súas terras importantes cargas. Esta actitude, xunto cos intereses dunha burguesía que ansiaba maiores cotas de poder, é unha das causas das Revoltas Irmandiñas que se producen no século XV. Defeito, a primeira Revolta Irmandiña estala debido ás esixencias que impoñía aos seus vasalos. A segunda Revolta Irmandiña provoca a fuxida dos nobres galegos que acoden ao monarca para que poña fin ao conflito.
Estas loitas fan que Galiza viva un período de inestabilidade social que debilita a súa nobreza e as súas institucións, anunciando o desmantelamento das clases dirixentes galegas que terá lugar definitivamente coa monarquía absoluta dos Reis Católicos.

Substitución da nobreza galega durante a monarquía dos Reis Católicos.
Baixo o reinado dos Reis Católicos a nobreza galega é expulsada de Galiza e os seus postos na administración, na igrexa ou na política son ocupados por unha nobreza foránea, que tiñan o castelán como lingua. O feito histórico que está na orixe da represalia dos Reis Católicos contra a nobreza galega é unha vez máis un conflito sucesorio. Tras a morte de Enrique IV enfróntanse polo trono a súa filla -e lexítima herdeira- Xoana (“a Beltranexa”) e a irmá menor do monarca, Isabel (a Católica). Os nobres galegos apoiarán o bando de Xoana, que resulta perdedor da contenda. A execución pública en Mondoñedo do Mariscal Pedro Pardo de Cela en 1483 pon fin á resistencia da nobreza galega e comeza o proceso de sometemento que caracteriza a política dos monarcas casteláns a partir dese momento. Os Reis Católicos, interesados en afirmar o seu poder en todo o territorio, inician o proceso de substitución dunha nobreza galega conflitiva por outra foránea que lle é fiel. Deste modo, os máis dos nobres galegos rebeldes serán afastados das súas terras para ocupar cargos na administración ou en ultramar. Tamén os altos cargos eclesiásticos serán ocupados por xente foránea e o Reino de Galiza 


CONSECUENCIAS
As consecuencias derivadas destes acontecementos históricos para a lingua e a literatura galega son as seguintes:
  • A lingua galega queda reducida ao uso oral, arredada dos ámbitos de prestixio, o que imposibilitou o seu desenvolvemento literario.
  • Mentres as demais linguas se conforman como linguas nacionais, o galego perde esa oportunidade.
  • O castelán convértese na lingua da administración, das relacións co poder e da cultura.

    AS MANIFESTACIÓNS LITERARIAS DOS SÉCULOS ESCUROS
    Durante os denominados Séculos Escuros o galego desaparece do uso escrito e dos ámbitos formais, quedando relegado practicamente á oralidade, polo que apenas hai manifestacións literarias cultas en galego. Non obstante, o galego continúa a ser a lingua da inmensa maioría do pobo, e durante este período; vaise continuar desenvolvendo unha importante literatura de carácter popular.
    Na literatura dos s. XVI e XVII podemos distinguir entre literatura popular ou tradicional e a literatura culta.

    LITERATURA POPULAR E TRADICIONAL

     A literatura popular inclúe todas aquelas creacións anónimas elaboradas polo pobo, tanto cantigas como narracións (no s. XVIII e XIX recolléronse por escrito): 

    - Literatura anónima tradicional. Manifestacións do lirismo popular en verso como refráns ou cantigas de berce, cantigas de cego, de traballo, etc; e manifestacións narrativas en prosa entre as que se inclúen lendas, contos, fábulas etc. 

    Poesía de circunstancias de carácter popular. Dúas mostras de poesía narrativa que xiran en torno a temas históricos, 
 “Pranto da Frouseira”. Poema anónimo posiblemente de fins do s. XV que xira en torno á figura de Pedro Pardo de Cela, executado o 17 de decembro de 1483 en Mondoñedo por mandado dos Reis Católicos.
”Saqueo de Cangas polos Turcos”. Composición anónima do  s. XVII que se inspira no ataque dos piratas turcos á vila de Cangas o 9 de decembro de 1617. 


-Panxoliñas de Nadal. Tiveron grande desenvolvemento durante este período debido á galeguización do tema do Nadal (Galilea/ Galicia). 


LITERATURA CULTA:
Podemos agrupalas en poesía de tendencia renacentista e poesía de tendencia barroca.

- Poesía renacentista. Dúas composicións do s. XVI que presentan trazos que caracterizan a poesía de corte renacentista, como as alusións mitolóxicas e o emprego do soneto: 
O “Soneto de Monterrei”. Composición anónima de tema pastoril.
“Araucana naçaon”. Soneto de Isabel de Castro e Andrade, Condesa de Altamira, escrita nun galego con trazos portugueses.

-Poesía barroca. 
Exequias da raíña Margarida” Dous sonetos do s. XVII escritos en galego na honra da raíña de España morta.que presentan trazos como a visión pesimista da vida expresada no tópico do “tempus fugit”. 
Décimas ó  Apóstolo Santiago de Martín Torrado. Composicións de ton irónico, unha sátira sobre a posibilidade de que Santa Teresa comparta con Santiago o padroado de España.
Soneto con Falda” de Xoán Gómez Tonel. Faise un lamento pola perda que supón a desaparición da raíña de España.
 Respice finem” de Pedro Vázquez de Neira. É un soneto composto para o libro das exequias en honra da Raíña Margarida e nel o poeta recorre ao tema da fugacidade da vida e do poder igualatorio da morte, que non fai excepcións con ninguén.
Composicións das Festas Minervais: Son nove romances escritos con motivo do certame literario das “Festas Minervais” que convocaba a Universidade de Santiago para loar a figura do seu fundador,  don Alonso III de Fonseca. 


-O teatro: Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (s. XVI) de Gabriel Feixoo de Arauxo. O asunto da obra é a disputa entre galegos e portugueses pola pesca no río miño. Ten un ton xocoso e festivo.

A Ilustración
No século XVIII, coa chegada da Ilustración, denúnciase a marxinalidade cultural e lingüística que sofre Galicia e aparecen algúns ilustrados que procuran a dignificación do país, estudan a lingua e van asentando as bases que posibilitan a aparición do Rexurdimento no século XIX. As principais figuras da Ilustración son as seguintes:
  • O Padre Feixoo. A pesar de non ter deixado ningunha obra en galego, foi un pioneiro na defensa da dignidade da lingua galega, negando a súa condición de dialecto do castelán e equiparándoo a outras linguas románicas.
  • Frei Martín Sarmiento. Nas viaxes que realiza por Galiza toma contacto coa realidade do país e recompila abundante léxico. Pódese considerar o precursor da filoloxía galega, ademais atopamos nas súas obras unha argumentada defensa do uso do galego no ensino, na igrexa e na Administración. É autor en galego do Coloquio de 24 gallegos rústicos, 1200 coplas de estilo popular, que teñen por obxecto compilar léxico e expresións propias da fala galega.
  • Os irmáns Anselmo e Plácido Feixoo.
  • Diego Cernadas e Castro. O cura de Fruíme é un enérxico defensor da lingua galega. É autor de varias composicións líricas no noso idioma.
  • O Padre Sobreira. O seu labor céntrase en recoller léxico e refráns e cantigas populares. É autor de Idea de un diccionario de la Lengua Gallega e Ensayo para la Historia General de Galicia.
  • Xosé Cornide Saavedra. É un ilustrado que amosou interese pola lingua galega, recollendo no seu Catálogo de palabras gallegas coplas populares. 
  • Francisca de Isla Losada. Desta autora só se conserva un romance humorístico dirixido ao cura de Fruíme, pois parece ser que pediu que queimasen os seus escritos tras a súa morte.
ben-falado-o-coloquio-dos-24-galegos-rústicos




lunes, 8 de junio de 2020

EDUARDO PONDAL - TRABALLOS ALUMNOS

 EVA SANTIIAGO 3º ESO B


PATRICIA CALVIÑO - 3º ESO B

ALMUDENA ÁLVAREZ

UXÍA BUEZAS 3º ESO B



 LARA GUIMERÁNS 3º ESO A

ANDRÉS CIDRÁS 3º ESO A

martes, 2 de junio de 2020

EDUARDO PONDAL

EDUARDO PONDAL
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/eduardo-gonzalez-pondal-e-abente

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/himno-galego


1.-BIOGRAFÍA
Nace en Ponteceso (A Coruña) en 1835 no seo dunha familia de orixe fidalga. Estudou os clásicos

gregos e latinos e fixo Medicina en Santiago de Compostela. Con Aurelio Aguirre, foi promotor do Banquete de Conxo, acto que uniu o 2 de marzo de 1856 a obreiros e estudantes.
Participaba no faladoiro chamado “A Cova Céltica”, que se desenvolvía na libraría Carré con Manuel Murguía, Martínez Salazar e Manuel Lugrís Freire, entre outros. Alí asume o papel de bardo.
En 1890 baixo a petición do músico Pascual Veiga, Pondal escribe o poema “Os Pinos”. En 1907 esta peza musicada por Veiga será estreada na Habana e considerada dende aquela himno de Galicia.
Morreu nun hotel da Coruña en 1917 e foi soterrado no cemiterio de Santo Amaro.

2.-OBRA
En 1861 publica o seu primeiro poema en galego (“A campana de Anllóns”) que aparecera no Álbum de la Caridad, onde se recolleran os poemas participantes nos primeiros Xogos Florais de Galicia.
En 1877 publica Rumores de los pinos (poemas en galego e castelán). A partir del publica Queixumes dos pinos totalmente en galego, en 1886.
En 1992 publicouse postumamente a súa obra Os Eoas, na que estivo traballando toda a vida e que nunca viu publicada.
Queixumes dos pinos (1886)
Poesía
Poemas épicos e líricos
Os Eoas (1992)
Poesía
Poema épico narrativo longo

3.-QUEIXUMES DOS PINOS
Obra composta por poemas de carácter épico e lírico na que destacan os seguintes elementos:


- O celtismo

Pondal defende a orixe celta de Galicia e propón construír coa súa obra unha épica céltica para o pobo galego. Toma a toponimia da Costa da Morte para nomear antigos guerreiros galegos, heroes dun pasado mítico, cuxas fazañas históricas han servir como exemplo de valor cara a un soñado futuro glorioso.

É importante a figura do bardo como encargado de preservar a memoria da tribo ao tempo que exerce de guía do pobo.
Pondal presenta unha situación na que existe un pasado heroico do pobo galego libre, un presente de opresión e escravitude e un futuro, no que o pobo con valor, guiado polo bardo, conseguirá o triunfo da liberdade.



- A natureza
Vía no panteísmo do pobo galego a principal herdanza dos celtas. Os elementos da natureza cobran maior protagonismo: a terra como espazo que comunica co pasado e co futuro; as árbores, como guerreiros chantados na terra e á vez movidos polo vento; a propia paisaxe, que lle serve para expresar sentimentos como o paso do tempo, a soidade, a paixón amorosa, entre outros.


- A virilidade

A súa obra está presidida por unha épica militar que enxalza o forte e o enérxico, identificado co home, fronte ao débil e feble, personificado na muller.


4.-OS EOAS

Traballou ao longo da súa vida nesta obra, mais o seu perfeccionismos fixo que non fose publicada en vida do poeta (1992).

É un canto épico ao descubrimento de América inspirado en Os Lusíadas de Luís de Camões.


5.-LINGUA E ESTILO

Emprega unha linguaxe moi coidada, estilizada, que refuga da lingua coloquial. Usa moito os


cultismo polo seu amplo coñecemento das linguas clásicas (grego e latín).

Recorre aos símbolos e á adxectivación retórica. Moi preocupado por dignificar a lingua galega. 

LENDA DE BREOGÁN



LITERATURA MEDIEVAL

HISTORIA DE GALICIA - O GALEGO- PORTUGUÉS (ata o minuto 11) P RESENTACIÓN LITERATURA MEDIEVAL 3º ESO Lírica medieval galego portu...

ENTRADAS POPULARES