SUXESTIÓNS PARA RECOMPILAR, ARQUIVAR E DIFUNDIR LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL
1. Traballo de campo
Non se recomenda que os grupos de recollida sexan numerosos; tres, catro
ou cinco membros, non máis. Se hai algún membro do grupo que sexa
veciño ou teña parentes ou coñecidos na contorna de onde se pretende
recoller, moito mellor. Os labores que cumpra facer deben ser distribuídos
de antemán. Así, un debe ser o encargado de anotar os datos que vaian
saíndo na conversa: nome e idade do informante, profesión e outros datos
biográficos, relación por títulos ou primeiras palabras de cada relato que se
rexistra, lugar e data de recollida, nomes correctos de lugares mencionados
a propósito dunha lenda, etc. Outro membro do equipo será o encargado do
aparello de gravación, procurando non interromper, por problemas técnicos,
ou por torpeza, o desenvolvemento normal da conversa, nin o discurso do
informante. O resto dos membros do equipo deben seguir con atención o
que lles contan e irán sacando do cuestionario elaborado previamente temas
para preguntar cando se esgoten os anteriores. Nunca se debe variar
bruscamente o tema que o informante prefire, polo menos nas primeiras
conversas con el. Endexamais debemos poñer en dúbida o que nos conta o
informante.
(Lugar, parroquia, concello) __________________________________________________
2. DATA DE RECOLLIDA ____________________
3. DATOS DO INFORMANTE
Nome e apelidos ___________________________
Data de nacemento ____________________
Outros datos biográficos de interese: ______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
4. CLASIFICACIÓN
Denominación/Título ______________________________________________________________________________ Xénero Subxénero/ Tipo __________________________________________________
LITERATURA POPULAR_ACTIVIDADES INTERACTIVAS
LITERATURA POPULAR_UNIDADE DIDÁCTICA
LITERATURA POPULAR. TEXTOS E GRAVACIÓNS
4. CLASIFICACIÓN
Denominación/Título ______________________________________________________________________________ Xénero Subxénero/ Tipo __________________________________________________
LITERATURA POPULAR_ACTIVIDADES INTERACTIVAS
LITERATURA POPULAR_UNIDADE DIDÁCTICA
LITERATURA POPULAR. TEXTOS E GRAVACIÓNS
No hay comentarios:
Publicar un comentario