1.IDENTIFICACIÓN
DA CANTIGA (talho)
- Xénero: PROFANA
(amigo,amor, escarnio ou maldizer) ou RELIXIOSA (Cantigas de Santa María). Para
identificar o xénero amoroso, indicaremos se a voz poética se corresponde cunha
muller (amigo) ou un home
(amor), e se aparecen as plabras clave: “amigo” ou “amado” (amigo) ou “senhor”
(amor).
En
xeral,trátase de avanzar minimamente o contido do texto pero sen analizar a
fondo o tema e os motivos temáticos.
- Subxénero das cantigas de amigo:
- Bailadas: Expresan a alegría de vivir e
incitan ao baile
- Mariñas ou barcarolas: aparece o
mar personalizado.
- De romaría ou santuario: ambiente
das festas campestres a carón dunha ermida
- Albas ou alboradas: A moza quéixase
da ausencia do amado durante a noite, ou de querer atopalo na alba.
2. PLANO DO CONTIDO
- Tema (idea central). O
refrán ou a fiinda soen encerrar esa idea central.
- Estrutura do contido ou “argumento”: trátase de resumir brevemente o que se “conta”. Polo xeral, son
textos moi repetitivos que a partir dunha idea inicial apenas
introducen ideas novas. Débese ter en conta que presentan:
- Un significado primario ou
literal: argumento.
- Simbolismo
ou significados secundarios. Tamén se comenta aquí se o texto presenta a forma
de monólogo ou diálogo, o que nos permite identificar os personaxes.
NOTA:
para a confección destes dous primeiros apartados tedes que xustificar sempre
os motivospolos que chegades a esta ou outra conclusión, fixándose nos
elementos vistos: quen“fala”?; palabras clave (amigo, senhor, mesura,
coita, descrición física e psicolóxica da dama...); personaxes característicos
de cada xénero (nai, amado, pastor...); símbolos (cervos, auga, mar, vento,
etc.).
3. PLANO DA
FORMA
- Forma externa: atendendo á ausencia ou presenza de refrán, hai:
- cantiga de
refrán: o seu elemento característico é o estribillo, retrouso ou refram. A orixe é popular. É
frecuente sobre todo nas cantigas de amigo.
- cantiga de mestría: carece de refrán. Utilízase sobre todo nas
cantigas de escarnio e maldizer e nascantigas de amor. Teñen a súa orixe
na poesía dos trobadores provenzais.
- Descrición:
- Número de estrofas (cobras ou coblas) e número de versos (palavras)
de cada unha.
- Cómputo silábico: compútase ata a última sílaba tónica do
verso (cómputo italiano).
- Rima. Tipos:
-
segundo o acento: macho (aguda) ou femia (grave). A rima macho recibe o
nome de rima perfecta. Normalmente aparecen mesturadas.
- segundo a
repetición da sílaba final: asonante - consonante.
* Se un
verso libre queda libre fálase de palavra perduda
- Tipos de estrofas. En virtude da rima, poden ser:
- unisonantes: repiten a mesma distribución
da rima en todas as cobras
- singulares: cambian de rima dunha cobra a
outra, se o fan de dúas en dúas son cobras doblas
- alternas: riman as pares coas pares e
as impares coas impares.
-
Recursos
formais.
- Paralelismo:
imperfecto, paralelismo perfecto (leixaprén)
e refrán.
- Procedementos
de ligazón interestrófica (a cantiga de amor é máis complexa cá de amigo):
- Dobres:
repetición dunha mesma palabra na mesma posición nun verso.
- Mordobres:
repítese o lexema
- Atafiindas:
unión entre estrofas, onde o sentido dunha continúa nas seguintes.
- Fiindas:
os versos finais da atafiinda, que é unha especie de conclusión.
Sedia-m'eu na ermida de San Simion
Sedia-m'eu na ermida de San Simion,
e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas, que grandes son;
non ei i barqueiro nen remador.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
non ei i barqueiro nen remador.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas do alto mar;
non ei i barqueiro, nen sei remar.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
non ei i barqueiro, nen sei remar.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
Non ei i barqueiro nen remador:
morrerei, fremosa, no mar maior.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
morrerei, fremosa, no mar maior.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
Non ei i barqueiro, nen sei remar:
morrerei, fremosa, no alto mar.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
Estamos ante un texto pertencente á lírica profana medieval, en concreto ao trobador Meendinho que viviu probablemente na zona de Redondela cara ao século XII. Trátase dunha cantiga de amigo xa que está posta en boca dunha muller e porque aparece a palabra “amigo” (por primeira vez no refrán). Así, a voz poética pertence a unha personaxe feminina (“fremosa”, v. 18) que expón os seus sentimentos (a soidade, a angustia) que padece por causa da ausencia do amigo. Ademais, e aínda que non sempre se cumpra, aparece o típico paralelismo semántico e estrutural –que analizaremos despois-, e o refrán, o que a converte nunha cantiga de refrán, típica tamén das cantigas de amigo. Por último, tamén aparece un elemento identificativo deste tipo de cantigas como é a presenza dun entorno natural.
En canto ao subxénero da cantiga, poderiámola incluír dentro das “barcarolas” ou “mariñas”, xa que se desenvolve nunha paisaxe mariñeira (v.v. 1 e 2), aínda que tamén pode ser considerada unha cantiga de “santuario” ou “romaría”, xa que o lugar elixido para o encontro dos namorados é unha “ermida” (vv. 1 e 5).
morrerei, fremosa, no alto mar.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
Meendinho
(Siglo XIII)

O tema desta composición é a soidade e a desesperación que sente a namorada
pola ausencia do seu amado, ao que espera desacougadamente. Ante a imposibilidade de salvarse das ondas do mar embravecido que a rodean, agoira a chegada da morte.
A moza acode á illa de San Simón para se encontrar co amigo ante a súa ermida; mais a marea sobe (v.v. 2, 5 e 9) e non pode saír de alí porque non hai ninguén que a axude (v.v. 10 e 14), e ela por si soa non é quen de valerse (“nem sei remar”). Nas dúas últimas cobras afirma, pois, que morrerá “fremosa” no medio do mar, nun lugar no que non hai ninguén, e que o mozo non chegue para amala.

Pola súa forma interna, podemos afirmar que estamos ante unha cantiga monologada, xa que unicamente fala a moza, aínda que hai unha pequena presenza de elementos narrativos, como a alternancia
verbal, que vai dende o pasado ata o futuro, establecendo así unha progresión na acción.
Non aparecen personaxes, só a moza protagonista, suxeito lírico da cantiga, caracterizada fisicamente tan só polo adxectivo “fremosa” e que manifesta o sentimento de coita de amor tan propio destas cantigas.

No tocante á forma (recursos formais) podemos dicir que se trata dunha Cantiga de refrán (os dous últimos versos de cada cobra, neste caso, idénticos), que presenta paralelismo imperfecto cada dúas cobras (o primeiro verso da primeira
cobra co primeiro verso da segunda, o segundo verso da primeira cobra co segundo verso
da segunda, e así sucesivamente), e leixaprén, convertendo o segundo verso de cada
par de cobras en primeiro verso do par seguinte. Para que fose un leixaprén perfecto
habería que emendar as seguintes frases, que non reproducen fielmente os versos aos
que imitan: «cercáron-mi as ondas grandes do mar //e cercáron-mi as ondas do alto mar»,
«nen hei i barqueiro nen remador // non hei i barqueiro nin sei remar». Así pois, dunha cantiga de 24 versos, só 5 nos aportan realmente
información.
O esquema rimático é o seguinte: AA BB AA BB AA BB.
Como é habitual, o refrán non rima co resto da cantiga.
A rima é macho ou agudo ao longo da cantiga, en cobras alternas. Os versos son
de arte maior e varían entre os versos octosílabos do refrán e os hendecasílabos do resto dos versos.
Como conclusión pódese dicir que neste poema están presentes todos as características da cantiga de amigo e, aínda que, aparentemente é un texto moi simple, o trobador demostra as súas capacidades poéticas e expresa a súa dor sobre a ausencia do seu amado, a través do emprego do paralelismo, o leixaprén e a rima alterna.

No hay comentarios:
Publicar un comentario