Galicia era no século XIX unha sociedade principalmente rural. Os principais sectores económicos eran a agricultura e a pesca, mentres que a industria presentaba un papel moi pouco relevante. Mantíñase o sistema foral, o que significaba que as terras non pertencían aos labregos que as traballaban, senón ás clases altas: o clero, a fidalguía... Os labregos pagaban un imposto (o foro) por traballar as terras e as clases altas vivían de rendas.
A pobreza na que vivía o campesiñado fixo que buscasen unha saída para subsistir: a emigración. Así, ao longo do século XIX moitos galegos marchan a países coma Arxentina, Cuba, Brasil... Houbo algúns que fixeron fortuna nas Américas, pero a maioría volvían avellentados e tan pobres como marcharan.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-13-nacion-de-breogan
REXURDIMENTO
(s. XIX)
|
|||
AUTOR
|
ROSALÍA DE CASTRO
|
CURROS ENRÍQUEZ
|
EDUARDO PONDAL
|
DATOS BIOGRÁFICOS
|
|||
OBRA
|
Cantares
gallegos (1863): Inicio do
Rexurdimento pleno.
Follas
Novas (1880): temática social e
intimista
|
Aires da
miña terra (1880): mestura a
temática social coa costumista.
O divino
sainete: critica aos poderosos
|
Queixumes
dos pinos (1885): fala do
pasado glorioso de Galicia.
Os eoas: sobre os galegos no descubrimento de América
|
TEMÁTICA
|
- COSTUMISTA: describe os costumes,
tradicións do pobo
- CÍVICO-PATRIÓTICA:
denuncia a marxinación
- INTIMISTA: manifesta os
seus sentimentos
|
- COSTUMISTA: recrea lendas
populares
- CÍVICO-SOCIAL: critica a
opresión
- INTIMISTA: manifesta
sentimentos
|
- CÍVICO-PATRIÓTICA: a
figura do bardo lembra o pasado galego
- LÍRICA: a muller e a
natureza son os temas principais
|
LINGUA
|
- Dialectalismos da zona de
Padrón, seseo, etc
- Castelanismos
|
- Galego de Celanova,
dialectalismos propios
|
- Galego culto
- Dialectalismosde
Bergantiños
|
MÉTRICA
|
- Tradicional: copla
- Innovadora: mestura arte
maior e menor
|
- Rima consonante
- Uso de estrofas cultas
|
- Versos cultos de arte
menor
- Octava real
|
RECURSOS
|
- Paralelismos - Anáforas
- Metáforas - Símbolo
|
- Paralelismo -Anáfora
- Comparación
|
- Paralelismo - Epíteto
- Metáfora - Símbolo
- Hipérbato
|
OUTROS
|
1.-Lectura do poema: debes ler o poema as veces que sexan necesarias para entendelo plenamente.
2.-Introdución: achegamento ao poema e ao seu contexto. Debes comprobar de que libro procede, así como cando e onde se publicou. Isto axudarache a situalo dentro do conxunto da obra do autor ou autora, así como no contexto da corrente literaria e da época.
3.-Análise da voz poética: fíxate nos pronomes, verbos... Están en 1a persoa ou en 3a?
4.-Achegamento ao contido do poema:
a.-de que trata? Resumo do asunto do poema.
b.-cal é, en consecuencia a temática do poema? (ten en conta o léxico) c.-tempo, espazo e personaxes
5.-Estrutura: poderías dividir o poema en partes tendo en conta o contido? Explica o contido de cada parte e xustifica (explica) a división que fas. Sinala os versos que comprenden cada parte.
6.-Forma do poema: comentario da forma estrófica. Explica de que tipo de estrofa se trata, que tipo de versos a forman e cal é a rima. Logo continúa cos recursos formais (aliteracións, anáforas, comparacións...)
7.-Síntese final e opinión persoal: sintetizar o máis interesante e achegar a opinión persoal (sempre convenientemente explicada).
V
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
5 Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten país.
E tes corazóns que sufren
10 longas ausencias mortás,
viudas de vivos e de mortos
Rosalía de Castro, Follas novas
EXEMPLO COMENTARIO
Ougal apunta a soa floriña,
anunciando ao cazador
do ano a estación garrida;
cando da doce Fungar
ás curvas praias marinas
en nó tecido voando
chegan as lixeiras píllaras;
entonces do bardo a alma
que soña entre as uces irtas,
apoiado na súa arpa,
en donde o vento suspira;
mentres que os fillos dos homes
danse ás faenas da vida,
entonces do bardo a alma
visita a melancolía.
COMENTARIO
O Rexurdimento das letras galegas veu da man de tres grandes figuras literarias: Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Pondal, autor do poema que nos ocupa, naceu en Ponteceso en 1835. A co- marca de Bergantiños será determinante na súa obra, pois estas terras van ser escenario e protagonistas do mundo mítico que recreará nos seus poemas.
A composición de Pondal motivo de comentario leva por título «A alma do bardo» e é unha primeira versión do poema «Cando no escarpado cabo» incluído en Queixumes dos pinos (1886), obra clave do escritor que recolle gran parte da súa produción poética. No seu afán por dotar a Galicia dun pasado glorioso, que dignifique a historia do pobo galego fronte á cultura dominante procedente de Castela, os poemas de Queixumes dos pinos constitúen unha sucesión de cantos que recollen a memoria mítica de Galicia e proxéctana cara a un futuro esperanzador.
O poema, composto por dezaseis versos, pode dividirse en dúas partes con dous motivos principais. A primeira parte correspóndese cos oito primeiros versos; nela, a presenza da natureza propia da obra de Pondal é a protagonista. A paisaxe pondaliana está representada por unha natureza áspera e esquiva, pre- sente no poema (escarpado Ougal, uces irtas). Os topónimos empregados (Ougal, Fungar) sitúan a compo- sición nas terras de Bergantiños, escenario, como xa apuntamos, do seu mundo literario.
Na segunda parte (oito últimos versos) aparece o motivo central da composición: a figura do bardo. O bardismo, ligado ao celtismo, é un dos motivos principais da obra do bergantiñán. O propio Pondal, chamado entre os seus contemporáneos o Bardo das letras galegas, considérase a si mesmo o vate elixi- do para instruír o pobo galego e liberalo da súa escravitude. Baixo esta consideración, a figura do bardo amósase como un trasunto do poeta. No poema fica presente a concepción aristocrática da figura do vate (o bardo oponse a «os fillos dos homes»), un ser elixido entre o resto dos mortais para guiar o pobo. Este destino fatal é o motivo de que a figura do bardo acostume a aparecer ligada á saudade, tal e como sucede nos versos que nos ocupan: mentres que os fillos dos homes / danse ás faenas da vida / entonces do bardo a alma / visita a melancolía.
Canto á métrica, está composto por versos octosílabos onde predomina a rima asonante. Pondal, coa súa obra, perseguía dous obxectivos fundamentais: no aspecto lingüístico, pretendía dignificar a lingua galega e convertela nun idioma culto. No aspecto literario, tentaba arredarse do realismo e costumismo predominantes na época para procurar as raíces prehistóricas de Galicia coa mesma intención de dignificar a nosa cultura. O intelectualismo presente na súa obra fixo que en vida non gozase do mesmo recoñecemento e aceptación popular que tiveron Rosalía e Curros, recoñecemento que se supliu co paso dos anos, cando pasa a ser referente de importantes poetas.
COMENTARIO CURROS. A CHEGADA DO TREN
Manuel Curros Enríquez é, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, un dos máximos expoñentes do Rexurdimento da literatura galega. O que caracteriza a obra de Curros Enríquez é que concibe a poesía como un instrumento a través do cal se poden poñer de manifesto e denunciar as inxustizas sociais que minguaron a liberdade e o progreso de Galicia. A obra de Curros foi a iniciadora dunha liña social-pa- triótica na poesía galega que tivo grandes cultivadores na nosa literatura como pode ser o caso do poeta, celanovés coma Curros, Celso Emilio Ferreiro.
«Na chegada a Ourense da primeira locomotora» é unha das composicións de Aires da miña terra (1880), poemario que recolle gran parte da produción poética do autor. No libro diferéncianse catro liñas temáticas fundamentais: a liña social, a costumista, a narrativa e a lírico-intimista; o poema que nos ocupa pertence á primeira das liñas mencionadas.
Neste poema Curros Enríquez expresa a defensa das ideas de progreso e liberdade que se opoñen ta- xativamente ás ideas da Igrexa católica. Para Curros, a Igrexa representa os valores das clases dominantes, a oposición ao progreso, así como o mantemento do sistema foral, do cal esta institución era a principal beneficiaria, co que isto supuña de freo para o avance social e económico do agro galego e de Galicia en xeral. Esta idea exponse no poema a través dunha serie de símbolos. A locomotora simboliza a redención, o progreso, a luz e a riqueza; por oposición, a catedral –asociada aos abades e aos cregos– simboliza a dema- goxia, o inmobilismo, o fanatismo e a pobreza. Outro elemento presente no poema é o río, que simboliza a historia e o movemento.
En «Na chegada a Ourense da primeira locomotora» podemos diferenciar tres unidades estruturais dependendo do destinatario ao que se dirixe o eu lírico. A primeira unidade comprende as catro primeiras estrofas. O eu lírico diríxese a mozos, mozas, rapaces e vellos para anunciar a chegada da locomotora (¡Vin- de vela, mociños e mozas! / ¡Saudádea, rapaces e vellos!). Nesta primeira parte xa aparece exposta a oposición progreso/Igrexa que comentabamos anteriormente. Así, a locomotora é sinal de tempos mellores (Por onde ela pasa / fecunda os terreos, / espértanse os homes, / florecen os eidos), e identifícase cunha virxe, mais cunha virxe ligada ao progreso e afastada da Igrexa católica (parece unha Nosa Señora, / unha Nosa Señora de ferro. / Tras dela non veñen / abades nin cregos, / mais vén a fartura / ¡e a luz!, ¡e o progreso!).
A segunda unidade estrutural abrangue a quinta e a sexta estrofa. Neste caso, o destinatario é a Cate- dral, que aparece ligada ao fanatismo relixioso (Catedral, demagogo de pedra, / dun pobo fanático erguida no medio, / repenica esas chocas e campanas / en sinal de alegría e contento). Por último, a terceira unidade confórmana as dúas últimas estrofas, nas cales o destinatario é o río. Nesta parte a locomotora volve identi- ficarse cunha figura relixiosa, neste caso Cristo: que a máquina é o Cristo / dos tempos modernos. A fe cristiá na mordenidade debería ser substituída pola fe na máquina, isto é, na ciencia.
Canto aos recursos estilísticos, cómpre salientar a reduplicación da fórmula velaí vén no verso (velaí vén, velaí vén avantando) e a repetición que se establece entre o primeiro e o noveno verso (velaí vén, velaí vén avantando e velaí vén, velaí vén tan houpada). O ritmo do poema tamén se consegue a base de repeticións das mesmas estruturas sintácticas (mociños e mozas e rapaces e vellos; fecunda os terreos, espértanse os homes, florecen os eidos). Tamén cómpre nomear a utilización do polisíndeto en cómaros e corgas e vales e cerros ou en mais vén a fartura / ¡e a luz! ¡e o progreso!, recurso que lle imprime dinamismo ao poema. O esquema métrico é –a –a, e altérnanse en cada estrofa versos de arte maior (de 10, 11 e 12 sílabas) e de arte menor (de seis sílabas).
Este poema recolle as características máis destacadas da obra de Curros: o compromiso do poeta coa defensa dos dereitos dos cidadáns, a defensa de Galicia e o anticlericalismo progresista.
Cantares gallegos é o primeiro libro publicado integramente en galego. Dedicado á escritora Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber). Consta dun total de 36 poemas, todos eles vinculados a unha cantiga popular que Rosalía reproduce e glosa. Neles, unha voz poética (unha rapaza) desenvolve un cantar popular (glosa) que aparece ao comezo ou ao final de cada poema.
b)denunciar o maltrato e a marxinación que padecen Galicia e os seus habitantes
c)combater a negativa imaxe de Galicia nesa época
Temáticas:-Costumista: recrean estampas cotiás da vida labrega e crenzas relixiosas dominadas
pola superstición e a resignación. Ton desenfadado co que busca dignificar a maneira de vivir da xente do rural.
-Amorosa: expoñen dende o punto de vista popular conflitos acontecidos entre namorados.
-Intimista: emerxe a visión pesimista do amor, a dor ou a saudade da propia Rosalía.
-Social: poemas de defensa da xustiza social onde se denuncia a emigración, o caciquismo ou a miseria dos labregos.
FOLLAS NOVAS (1880)
FN está estruturado en cinco partes e dúas grandes temáticas
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/manuel-curros-enriquez-letras-galegas-1967
EDUARDO PONDAL
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/himno-galego
Queixumes dos pinos (1886)
|
Poesía
|
Poemas épicos e líricos
|
Os Eoas (1992)
|
Poesía
|
Poema épico narrativo longo
|
LENDA DE BREOGÁN
COMENTARIO TEXTO
2.-Introdución: achegamento ao poema e ao seu contexto. Debes comprobar de que libro procede, así como cando e onde se publicou. Isto axudarache a situalo dentro do conxunto da obra do autor ou autora, así como no contexto da corrente literaria e da época.
3.-Análise da voz poética: fíxate nos pronomes, verbos... Están en 1a persoa ou en 3a?
4.-Achegamento ao contido do poema:a.-de que trata? Resumo do asunto do poema.
b.-cal é, en consecuencia a temática do poema? (ten en conta o léxico) c.-tempo, espazo e personaxes
5.-Estrutura: poderías dividir o poema en partes tendo en conta o contido? Explica o contido de cada parte e xustifica (explica) a división que fas. Sinala os versos que comprenden cada parte.
6.-Forma do poema: comentario da forma estrófica. Explica de que tipo de estrofa se trata, que tipo de versos a forman e cal é a rima. Logo continúa cos recursos formais (aliteracións, anáforas, comparacións...)
7.-Síntese final e opinión persoal: sintetizar o máis interesante e achegar a opinión persoal (sempre convenientemente explicada).
V
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
5 Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten país.
E tes corazóns que sufren
10 longas ausencias mortás,
viudas de vivos e de mortos
No hay comentarios:
Publicar un comentario