COMENTARIO POÉTICO
1.-Lectura do poema: debes ler o poema as veces que sexan necesarias para entendelo plenamente.
2.-Introdución: achegamento ao poema e ao seu contexto. Debes comprobar de que libro procede, así como cando e onde se publicou. Isto axudarache a situalo dentro do conxunto da obra do autor ou autora, así como no contexto da corrente literaria e da época.
3.-Análise da voz poética: fíxate nos pronomes, verbos... Están en 1a persoa ou en 3a?
4.-Achegamento ao contido do poema:
a.-de que trata? Resumo do asunto do poema.
b.-cal é, en consecuencia a temática do poema? (ten en conta o léxico) c.-tempo, espazo e personaxes
5.-Estrutura: poderías dividir o poema en partes tendo en conta o contido? Explica o contido de cada parte e xustifica (explica) a división que fas. Sinala os versos que comprenden cada parte.
6.-Forma do poema: comentario da forma estrófica. Explica de que tipo de estrofa se trata, que tipo de versos a forman e cal é a rima. Logo continúa cos recursos formais (aliteracións, anáforas, comparacións...)
7.-Síntese final e opinión persoal: sintetizar o máis interesante e achegar a opinión persoal (sempre convenientemente explicada).
Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
5 Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten país.
E tes corazóns que sufren
10 longas ausencias mortás,
viudas de vivos e de mortos
que ninguén consolará.
Rosalía de Castro, Follas novas
2.-Esta composición é a parte V do primeiro poema do Libro V (“Viudas dos vivos e viudas dos mortos”) de Follas Novas, o segundo libro de Rosalía de Castro que se publica en 1880 e un dos máis importantes que se publica durante o Rexurdimento.
3.-A voz poética parece establecer un diálogo no que se dirixe a Galicia “sin homes quedas” (3) “tes” (5, 9).
4.-O tema central é a desolación de Galiza polo abandono dos seus habitantes (“Galicia, sin homes quedas / que te poidan traballar”, versos 3-4). Trátase o tema desde a perspectiva dos que quedan, non dos que marchan e neste anaco non se fai referencia a que a razón deste abandono é aemigración, pero si no resto do poema e é ademais un dos temas máis importantes de Follas Novas.
5-Segundo isto, podemos dividir o poema en dúas partes. A primeira, do verso 1 ao 4, onde se falan dos que se van. A segunda, do verso 5 ata o final, na que se dá a visión dos que quedan aquí.
6.-No que respecta á forma do poema, debemos destacar que os principais elementos a comentar están relacionados coa métrica. Verso octosílabo, un verso popular, pero que tamén se cultivou na poesía culta (Romanticismo). Rima asonante alterna só nos versos pares. Esta é a rima que domina
na obra, que destaca pola súa forma poética novidosa, xa que a autora usa a forma do xeito que cre máis axeitado para o que quere expresar.
No que respecta á sintaxe, hai un hipérbato no verso 3 (“Galicia, sin homes quedas”) coa finalidade de destacar o substantivo “homes” que se antepón ao verbo.
Temos a repetición dunha ou varias palabras en contacto no verso 1 (“Este vaise i aquel vaise,”) e no 2 (“e todos, todos se van”). Tamén se dá a anáfora (repetición dunha ou máis palabras ao comezo de varios versos sucesivos) e polisíndeto nos versos 2, 6, 7, 8 e 9 (“e todos, todos se van; e campos de soledad / e nais que non teñen fillos / e fillos que non ten pais. E tes corazóns que sufren”).
Hai unha acumulacións de palabras que se dá na enumeración dos que se van (“Este vaise i aquel vaise, / e todos, todos se van”) e dos que quedan (“Tes, en cambio, orfos e orfas / e campos de soledad, / e nais que non teñen fillos / e fillos que non ten pais. / E tes corazóns que sufren / longas ausencias mortás, / viudas de vivos e de mortos”). É un fenómeno intensificador da idea central.
No que respecta ao léxico, vemos que emprega un léxico popular e usual. Hai unha serie de fenómenos semánticos que recalcan a idea principal de soidade como son a hipérbole “sin homes quedas”, a metáfora “campos de soledad” ou o paradoxo “nais que non teñen fillos / e fillos que non ten pais; viudas de vivos e de mortos”.
7.-Podemos concluír, que este poema de Rosalía de Castro trata unha temática propia da poesía social (a emigración). Nel denuncia o drama que viven as persoas que pasan por esa situación e faino utilizando un léxico e uns versos propios da poesía popular, igual que fai outro gran poeta do Rexurdimento como é Manuel Curros Enríquez.
COMENTARIO TEXTOS LÍRICOS
1. Comprensión do texto
2. Localización. Contextualización (autor, obra, época, movemento literario, xénero literario).
3. Análise do contido: tema - resumen.
4. Análise da estrutura: MÉTRICA (estrutura externa) / SEMÁNTICA (estrutura interna)
5. Comentario estilístico (sempre xustificando, poñendo exemplos do texto):
1. Nivel fónico: verso, rima, rima e estrofa. Relacionar co movemento literario. Figuras retóricas baseadas no son (onomatopea, aliteración): exemplos e con que finalidade se utilizn.
2. Nivel morfosintáctico: Predominio dunhas categorías gramaticales sobre outras. Sinalar que valor teñen. Tempos verbais que dominan e por que. Predominio da oración simple (estilo sinxelo) oración composta (complexidade). Figuras do plano morfosintáctico (exemplos e valor)
3. Nivel léxico- semántico: Palabras clave, presenza de palabras compostas, derivadas, valor connotativo dalgúns termos, sinónimos, antónimos... Figuras e tropos do plano léxico-semántico. Poñer exemplos e indicar por que están no texto.
6. Conclusión
LOCALIZACIÓN – CONTEXTUALIZACIÓN
O presente texto é obra de … , poeta (autor, novelista….) do século … , célebre por … e entre cuxas obras destacan …
O poema que comentamos pertence á súa obra … destacada por tratarse de ……….
A obra deste autor insírese no movemento… (época…) caracterizada por…..
TEMA
O texto (poema, fragmento, relato,….) que nos ocupa trata o tema de…..
Nel, o autor conta …..
ESTRUTURA EXTERNA
Pola súa estrutura externa, os versos do poema constitúen un ……, é decir, unha composición formada por…. versos, de rima ….. , distribuídos en ……. A rima da estrofa asustase ao esquema…..
ESTRUTURA INTERNA
Pola súa estrutura interna podemos dividir o poema en … parte.
A primeira comprende os versos….. e neles o poeta…..
A segunda abrangue….
COMENTARIO ESTILÍSTICO
En canto ao estilo, o poema comeza cun…. A continuación… Na primeira estrofa o poeta válese de…. SEMPRE XUSTIFICANDO E EXEMPLIFICANDO AS FIGURAS LITERARIAS
CONCLUSIÓN
En conclusión, este poema …
O obxectivo do autor…
Relación coa época movemento…
EXEMPLO COMENTARIO
Cando no escarpado
Ougal
apunta a soa floriña,
anunciando ao cazador
do ano a estación garrida;
cando da doce Fungar
ás curvas praias marinas
en nó tecido voando
chegan as lixeiras píllaras;
entonces do bardo a alma
que soña entre as uces irtas,
apoiado na súa arpa,
en donde o vento suspira;
mentres que os fillos dos homes
danse ás faenas da vida,
entonces do bardo a alma
visita a melancolía.
COMENTARIO
O Rexurdimento das letras galegas veu da man de tres grandes figuras literarias: Rosalía de Castro, Curros
Enríquez e Eduardo Pondal. Pondal, autor do poema que nos ocupa, naceu en Ponteceso en 1835. A co-
marca de Bergantiños será determinante na súa obra, pois estas terras van ser escenario e protagonistas do
mundo mítico que recreará nos seus poemas.
A composición de Pondal motivo de comentario leva por título «A alma do bardo» e é unha primeira
versión do poema «Cando no escarpado cabo» incluído en Queixumes dos pinos (1886), obra clave do escritor que recolle gran parte da súa produción poética. No seu afán por dotar a Galicia dun pasado glorioso,
que dignifique a historia do pobo galego fronte á cultura dominante procedente de Castela, os poemas
de Queixumes dos pinos constitúen unha sucesión de cantos que recollen a memoria mítica de Galicia e
proxéctana cara a un futuro esperanzador.
O poema, composto por dezaseis versos, pode dividirse en dúas partes con dous motivos principais.
A primeira parte correspóndese cos oito primeiros versos; nela, a presenza da natureza propia da obra de
Pondal é a protagonista. A paisaxe pondaliana está representada por unha natureza áspera e esquiva, pre-
sente no poema (escarpado Ougal, uces irtas). Os topónimos empregados (Ougal, Fungar) sitúan a compo-
sición nas terras de Bergantiños, escenario, como xa apuntamos, do seu mundo literario.
Na segunda parte (oito últimos versos) aparece o motivo central da composición: a figura do bardo.
O bardismo, ligado ao celtismo, é un dos motivos principais da obra do bergantiñán. O propio Pondal,
chamado entre os seus contemporáneos o Bardo das letras galegas, considérase a si mesmo o vate elixi-
do para instruír o pobo galego e liberalo da súa escravitude. Baixo esta consideración, a figura do bardo
amósase como un trasunto do poeta. No poema fica presente a concepción aristocrática da figura do vate
(o bardo oponse a «os fillos dos homes»), un ser elixido entre o resto dos mortais para guiar o pobo. Este
destino fatal é o motivo de que a figura do bardo acostume a aparecer ligada á saudade, tal e como sucede
nos versos que nos ocupan: mentres que os fillos dos homes / danse ás faenas da vida / entonces do bardo a alma
/ visita a melancolía.
Canto aos recursos estilísticos, o máis salientable é a presenza de hipérbatos, propios da poesía de Pon-
dal (do ano a estación garrida; entonces do bardo a alma); a anáfora entre o primeiro e o quinto verso (Cando
no escarpado Ougal.../ Cando da doce Fungar...) e a repetición do verso en que se inspira o título do poema
(entonces do bardo a alma). Propio da épica é o recurso de substituír un substantivo por unha perífrase (a
estación garrida = primavera; a soa floriña = a camariña).
Canto á métrica, está composto por versos octosílabos onde predomina a rima asonante. Pondal, coa
súa obra, perseguía dous obxectivos fundamentais: no aspecto lingüístico, pretendía dignificar a lingua galega e convertela nun idioma culto. No aspecto literario, tentaba arredarse do
realismo e costumismo predominantes na época para procurar as raíces prehistóricas de Galicia coa mesma
intención de dignificar a nosa cultura. O intelectualismo presente na súa obra fixo que en vida non gozase
do mesmo recoñecemento e aceptación popular que tiveron Rosalía e Curros, recoñecemento que se supliu
co paso dos anos, cando pasa a ser referente de importantes poetas.
COMENTARIO CURROS. A CHEGADA DO TREN
COMENTARIO
Manuel Curros Enríquez é, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, un dos máximos expoñentes
do Rexurdimento da literatura galega. O que caracteriza a obra de Curros Enríquez é que concibe a poesía
como un instrumento a través do cal se poden poñer de manifesto e denunciar as inxustizas sociais que
minguaron a liberdade e o progreso de Galicia. A obra de Curros foi a iniciadora dunha liña social-pa-
triótica na poesía galega que tivo grandes cultivadores na nosa literatura como pode ser o caso do poeta,
celanovés coma Curros, Celso Emilio Ferreiro.
«Na chegada a Ourense da primeira locomotora» é unha das composicións de Aires da miña terra
(1880), poemario que recolle gran parte da produción poética do autor. No libro diferéncianse catro liñas
temáticas fundamentais: a liña social, a costumista, a narrativa e a lírico-intimista; o poema que nos ocupa
pertence á primeira das liñas mencionadas.
Neste poema Curros Enríquez expresa a defensa das ideas de progreso e liberdade que se opoñen ta-
xativamente ás ideas da Igrexa católica. Para Curros, a Igrexa representa os valores das clases dominantes,
a oposición ao progreso, así como o mantemento do sistema foral, do cal esta institución era a principal
beneficiaria, co que isto supuña de freo para o avance social e económico do agro galego e de Galicia en
xeral. Esta idea exponse no poema a través dunha serie de símbolos. A locomotora simboliza a redención, o
progreso, a luz e a riqueza; por oposición, a catedral –asociada aos abades e aos cregos– simboliza a dema-
goxia, o inmobilismo, o fanatismo e a pobreza. Outro elemento presente no poema é o río, que simboliza
a historia e o movemento.
En «Na chegada a Ourense da primeira locomotora» podemos diferenciar tres unidades estruturais
dependendo do destinatario ao que se dirixe o eu lírico. A primeira unidade comprende as catro primeiras
estrofas. O eu lírico diríxese a mozos, mozas, rapaces e vellos para anunciar a chegada da locomotora (¡Vin-
de vela, mociños e mozas! / ¡Saudádea, rapaces e vellos!). Nesta primeira parte xa aparece exposta a oposición
progreso/Igrexa que comentabamos anteriormente. Así, a locomotora é sinal de tempos mellores (Por onde
ela pasa / fecunda os terreos, / espértanse os homes, / florecen os eidos), e identifícase cunha virxe, mais cunha
virxe ligada ao progreso e afastada da Igrexa católica (parece unha Nosa Señora, / unha Nosa Señora de ferro.
/ Tras dela non veñen / abades nin cregos, / mais vén a fartura / ¡e a luz!, ¡e o progreso!).
A segunda unidade estrutural abrangue a quinta e a sexta estrofa. Neste caso, o destinatario é a Cate-
dral, que aparece ligada ao fanatismo relixioso (Catedral, demagogo de pedra, / dun pobo fanático erguida
no medio, / repenica esas chocas e campanas / en sinal de alegría e contento). Por último, a terceira unidade
confórmana as dúas últimas estrofas, nas cales o destinatario é o río. Nesta parte a locomotora volve identi-
ficarse cunha figura relixiosa, neste caso Cristo: que a máquina é o Cristo / dos tempos modernos. A fe cristiá
na mordenidade debería ser substituída pola fe na máquina, isto é, na ciencia.
Canto aos recursos estilísticos, cómpre salientar a reduplicación da fórmula velaí vén no verso (velaí vén,
velaí vén avantando) e a repetición que se establece entre o primeiro e o noveno verso (velaí vén, velaí vén
avantando e velaí vén, velaí vén tan houpada). O ritmo do poema tamén se consegue a base de repeticións
das mesmas estruturas sintácticas (mociños e mozas e rapaces e vellos; fecunda os terreos, espértanse os homes,
florecen os eidos). Tamén cómpre nomear a utilización do polisíndeto en cómaros e corgas e vales e cerros ou
en mais vén a fartura / ¡e a luz! ¡e o progreso!, recurso que lle imprime dinamismo ao poema. O esquema
métrico é –a –a, e altérnanse en cada estrofa versos de arte maior (de 10, 11 e 12 sílabas) e de arte menor
(de seis sílabas).
Este poema recolle as características máis destacadas da obra de Curros: o compromiso do poeta coa
defensa dos dereitos dos cidadáns, a defensa de Galicia e o anticlericalismo progresista.
-Liña costumista: estética costumista propia do seu tempo e da poesía popular. Recrea lendas,
tradicións e tipos populares. Carácter reivindicativo.
-Liña intimista: en poucos poemas expresa os seus sentimentos. Son aqueles en que mostra a alegría polo nacemento dun fillo ou a dor pola morte da nai, ou mesmo pola morte de Rosalía de Castro.
O DIVINO SAINETE
Longo poema narrativo de carácter burlesco que parodia a Divina Comedia de Dante Alighieri. Está protagonizado polo propio Curros que, en compaña de Francisco Añón, realiza unha viaxe a Roma para gañar o xubileu. Añón será o guía de Curros no percorrido polos sete vagóns dun tren, que representan os sete pecados capitais: preguiza, envexa, gula, ira, luxuria, avaricia e soberbia. En cada vagón encontran personaxes cos que Curros mantivera algunha polémica ao longo da súa vida. Unha vez en Roma, visita ao papa León XIII e aconséllalle que a Igrexa abandone a súa riqueza e volva á vida sinxela.
A obra é unha caricatura da sociedade daquel tempo. Fai unha crítica feroz a todos os estamentos sociais, centrándose nos poderosos, nos seus inimigos e na Igrexa católica (anticlericalismo).
3.-LINGUA E ESTILO
Para Curros, a poesía é un medio de compromiso cívico cos máis débiles, por iso emprega un galego popular da zona de Celanova (pero coida o léxico, a sintaxe e procura evitar os castelanismos) para que o seu público o entenda. Nos poemas sociais predomina a ironía, as comparacións e metáforas. Nos costumistas, emprega paralelismos, repeticións e anáforas.
EDUARDO PONDAL
4.-OS EOAS
Traballou ao longo da súa vida nesta obra, mais o seu perfeccionismos fixo que non fose publicada en vida do poeta (1992).
É un canto épico ao descubrimento de América inspirado en Os Lusíadas de Luís de Camões.
5.-LINGUA E ESTILO
Emprega unha linguaxe moi coidada, estilizada, que refuga da lingua coloquial. Usa moito os
cultismo polo seu amplo coñecemento das linguas clásicas (grego e latín).
Recorre aos símbolos e á adxectivación retórica. Moi preocupado por dignificar a lingua galega.
COMENTARIO POÉTICO1.-Lectura do poema: debes ler o poema as veces que sexan necesarias para entendelo plenamente.
2.-Introdución: achegamento ao poema e ao seu contexto. Debes comprobar de que libro procede, así como cando e onde se publicou. Isto axudarache a situalo dentro do conxunto da obra do autor ou autora, así como no contexto da corrente literaria e da época.
3.-Análise da voz poética: fíxate nos pronomes, verbos... Están en 1a persoa ou en 3a?
4.-Achegamento ao contido do poema:a.-de que trata? Resumo do asunto do poema.
b.-cal é, en consecuencia a temática do poema? (ten en conta o léxico) c.-tempo, espazo e personaxes
5.-Estrutura: poderías dividir o poema en partes tendo en conta o contido? Explica o contido de cada parte e xustifica (explica) a división que fas. Sinala os versos que comprenden cada parte.
6.-Forma do poema: comentario da forma estrófica. Explica de que tipo de estrofa se trata, que tipo de versos a forman e cal é a rima. Logo continúa cos recursos formais (aliteracións, anáforas, comparacións...)
7.-Síntese final e opinión persoal: sintetizar o máis interesante e achegar a opinión persoal (sempre convenientemente explicada).
Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
5 Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten país.
E tes corazóns que sufren
10 longas ausencias mortás,
viudas de vivos e de mortos
que ninguén consolará.Rosalía de Castro, Follas novas
2.-Esta composición é a parte V do primeiro poema do Libro V (“Viudas dos vivos e viudas dos mortos”) de Follas Novas, o segundo libro de Rosalía de Castro que se publica en 1880 e un dos máis importantes que se publica durante o Rexurdimento.
3.-A voz poética parece establecer un diálogo no que se dirixe a Galicia “sin homes quedas” (3) “tes” (5, 9).
4.-O tema central é a desolación de Galiza polo abandono dos seus habitantes (“Galicia, sin homes quedas / que te poidan traballar”, versos 3-4). Trátase o tema desde a perspectiva dos que quedan, non dos que marchan e neste anaco non se fai referencia a que a razón deste abandono é a emigración, pero si no resto do poema e é ademais un dos temas máis importantes de Follas Novas.