domingo, 15 de mayo de 2022

O VERBO

En galego hai tres conxugacións: -AR/ -ER (pór)/-IR. A conxugación ten tres modos:
  • -Indicativo: modo da realidade. Ten os seguintes tempos: presente, pretérito, futuro,
    copretérito, antepretérito e pospretérito.
  • -Subxuntivo: modo da posibilidade. Ten os seguintes tempos: presente, pretérito e futuro.
  • -Imperativo: expresa unha orde. Só ten presente.

    Nunca se pode empregar unha forma verbal composta co verbo HABER aínda que poida haber perífrases verbais con este verbo.

    Os verbos rematados no infinitivo en –CER (agás facer e derivados) e –CIR (agás dicir e derivados) son regulares.

    Os verbos acabados en -aer, -oer, -oír, aír e -uír levan diérese na cuarta e quinta persoa do copretérito para evitar a concorrencia coas mesmas persoas do presente de subxuntivo.

    Hai algúns verbos que teñen alternancia vocálica no radical e son considerados por isto como verbos semiregulares, aínda que condicionan ao presente de subxuntivo e ao imperativo:
  • -e- por -i- no presente de indicativo: mido, mides, mide, medimos, medides,miden. ADHERIR,ADVERTIR,AGREDIR,CONCERNIR,CONFERIR,COMPETIR,DIFERIR, DISCERNIR, DIVERTIR, DIXERIR, ESPELIR, ESPIR, INFERIR, INSERIR, INVESTIR, INXERIR, MEDIR, PEDIR, PREFERIR, PROFERIR, REFERIR, REFLECTIR, REPETIR, REVESTIR, TRANSGREDIR, TRASFERIR, VESTIR...

  • -e- por -i- na primeira persoa do presente de indicativo e por -ε- na segunda terceira e sexta persoa: sirvo, sεrves, sεrve, servimos, servides, sεrven. FERIR, SEGUIR, MENTIR, SENTIR e SERVIR.

    -u- por -o- na segunda, terceira e sexta persoas do presente de indicativo: durmo,dсrmes,dсrme, durmimos, durmides,dсrmen: ACUDIR, BULIR, CONSUMIR, CUBRIR, CUSPIR, CUMPRIR*, DESCIBRIR, DESLUCIR, ENCUBRIR, ENTRELUCIR, ENSUMIR, FUNDIR*, FUXIR, LUCIR, MULIR, MUXIR*, PULIR, REBULIR, RECUBRIR, RELUCIR, RUXIR, SACUDIR, SUBIR, SUFRIR, SUMIR, TRANSLUCIR, TREMELUCIR, ULIR, XURDIR E XUNGUIR.

    1. Hai un infinitivo persoal ou conxugado que é atemporal e amodal polo que nunca pode ir nas oracións simples nin nas principais das subordinadas. O seu uso sempre está condicionado ao verbo da proposición principal.
      Úsase:
    2.  -Cando o suxeito da proposición de infinitivo é distinto do suxeito da 
      proposición principal e están ambos expresos.
      - Cando o suxeito da proposición de infinitvo pero temos que subliñalo para
      evitar ambigüidades

      Pode Usarse
      •  -Cando aínda tendo o memo suxeito que a principal a subordinada antecede á principal e vai introducido por preposicións.
          -Na terceira persoa do plural para marcar a impersonalidade. 

        Nunca se usa:
      • - Como verbo principal da perífrase verbal.
        - Cando ten o mesmo suxeito que a proposicion da cal depende e van inmediatamente seguidos.
        - Cando o infinitivo ten valor imperativo.
        - Cando o infinitivo vai en proverbios e frases feitas.
        - Cando a subordinada depende dun verbo
        modal (querer, poder...),causativo (mandar, facer, deixar...) e de sentido (sentir, ver, oír..), ten o mesmo suxeito que a principal e vai inmediatamente despois dela.


        DISTRIBUCIÓN DAS IRREGULARIDADES VERBAIS
        - Un verbo irregular na primeira persoa do presente de indicativo serao no presente de subxuntivo e por veces no presente de imperativo: caber: caibo> caiba / servir: sirvo >sirva >sirve.

        - Un verbo irregular no pretérito de indicativo serao no antepretérito de indicativo, pretérito e futuro de subxuntivo: poder > puido > puidera > puidese > puider.

        - Un verbo irregular no futuro de indicativo tamén o será no pospretérito coa mesma irregularidade: dicir: direi > diría; facer: farei > faría. 


      MORFEMAS VERBAIS
      • R = Raíz.
      • VT = Vogal temática.
      • SMT = Sufixo modo temporal.
      • SNP = Sufixo número persoal.
























No hay comentarios:

Publicar un comentario

LITERATURA MEDIEVAL

HISTORIA DE GALICIA - O GALEGO- PORTUGUÉS (ata o minuto 11) P RESENTACIÓN LITERATURA MEDIEVAL 3º ESO Lírica medieval galego portu...

ENTRADAS POPULARES