PRESENTACIÓN SÉCULOS ESCUROS Denomínanse Séculos Escurosos anos que van desde finais do século XV ata finais do XVIII, durante os que apenas hai cultivo literario en galego e a lingua deixa de usarse nos rexistros formais e
nos ámbitos oficiais. Durante este período non podemos falar con propiedade de “Literatura galega”, senón máis
ben de manifestacións literarias en galego, xa que son puntuais e en xeral non destacan por presentar grandes
valores literarios, por non falar da súa escasa ou nula transcendencia dentro do ámbito cultural da época. A partir do século XVIII a presenza das ideas da
Ilustración en Galiza supuxo o inicio dun cambio para a situación do país e da lingua. Os ilustrados son os
primeiros que teñen conciencia da situación de atraso que padece Galiza e da necesidade de poñer os medios para
saír desta situación, ademais de facer unha defensa da singularidade da realidade galega fronte as ofensas das que é
obxecto por parte de Castela.
CAUSAS DA DECADENCIA
A decadencia da lingua e da literatura galega hai que situala no contexto dunha crise máis ampla que afecta a Galiza
en todas os ámbitos, e que acabará por sumila na pobreza e na dependencia de institucións alleas, contrarias aos
intereses dos galegos. Analicemos as principais causas que explican a decadencia da lingua e da literatura galegas
durante os Séculos Escuros. Podemos distinguir causas de índole literaria e outras de carácter político.
Decadencia da escola trobadoresca.
A mediados do s. XIV, a lírica trobadoresca entra en
decadencia. Os poetas que continúan compoñendo á maneira dos trobadores tenden a repetir vellas
formulas e tópicos literarios que lles restan forza ás súas creacións. Trátase dunha literatura decadente que só é un mero entretemento para encher as horas de ocio dunha nobreza
aburrida.
A progresiva perda de independencia de Galiza dentro do reino de Castela.
Coa independencia de Portugal no S.XII Galicia queda nunha situación periférica sendo anexionada ao reino de
Castela coa conseguinte perda de independencia e de poder político, sobre todo coa chegada da Monarquía
centralista dos Reis Católicos. Pero esta perda de poder específico dos nobres galegos dentro do Reino de Castela xa
se remonta ao conflito sucesorio que enfrontou a Pedro I (“o Cruel”) e Enrique de Trastámara, fillo bastardo do monarca que lle disputou o trono co apoio da nobreza castelá. Os nobres galegos que defenderon a causa do lexítimo herdeiro sufrirán as represalias de
Enrique II unha vez sexa proclamado rei. A nova nobreza
demostra un absoluto desprezo e incomprensión pola realidade galega e a súa cultura e interesados unicamente en
acadar riquezas impoñerán aos labregos das súas terras importantes cargas. Esta actitude, xunto cos intereses dunha burguesía
que ansiaba maiores cotas de poder, é unha das causas das Revoltas Irmandiñas que se producen no século XV. Defeito, a primeira Revolta Irmandiña estala debido ás esixencias
que impoñía aos seus vasalos. A segunda Revolta Irmandiña provoca a fuxida dos nobres galegos que acoden ao monarca para que poña fin ao conflito.
Estas loitas fan que Galiza viva un período de inestabilidade social que debilita a súa nobreza e as súas institucións,
anunciando o desmantelamento das clases dirixentes galegas que terá lugar definitivamente coa
monarquía absoluta dos Reis Católicos.
Substitución da nobreza galega durante a monarquía dos Reis Católicos.
Baixo o reinado dos Reis Católicos a nobreza galega é expulsada de Galiza e os seus postos na administración, na
igrexa ou na política son ocupados por unha nobreza foránea, que tiñan o castelán como lingua. O feito histórico
que está na orixe da represalia dos Reis Católicos contra a nobreza galega é unha vez máis un conflito sucesorio.
Tras a morte de Enrique IV enfróntanse polo trono a súa filla -e lexítima herdeira- Xoana (“a Beltranexa”) e a irmá menor do monarca, Isabel (a Católica). Os nobres galegos apoiarán o
bando de Xoana, que resulta perdedor da contenda. A execución pública en Mondoñedo do Mariscal Pedro Pardo de
Cela en 1483 pon fin á resistencia da nobreza galega e comeza o proceso de sometemento que caracteriza a política dos monarcas casteláns a partir dese momento. Os Reis Católicos, interesados en afirmar o
seu poder en todo o territorio, inician o proceso de substitución dunha nobreza galega conflitiva por outra foránea
que lle é fiel. Deste modo, os máis dos nobres galegos rebeldes serán afastados das súas terras para ocupar cargos
na administración ou en ultramar. Tamén os altos cargos eclesiásticos serán ocupados por xente foránea e o Reino
de Galiza
CONSECUENCIAS
As consecuencias derivadas destes acontecementos históricos para a lingua e a literatura galega son as seguintes:
A lingua galega queda reducida ao uso oral, arredada dos ámbitos de prestixio, o que imposibilitou o seu
desenvolvemento literario.
Mentres as demais linguas se conforman como linguas nacionais, o galego perde esa oportunidade.
O castelán convértese na lingua da administración, das relacións co poder e da cultura.
AS MANIFESTACIÓNS LITERARIAS DOS SÉCULOS ESCUROS
Durante os denominados Séculos Escuros o galego desaparece do uso escrito e dos ámbitos formais, quedando
relegado practicamente á oralidade, polo que apenas hai manifestacións literarias cultas en galego. Non obstante, o
galego continúa a ser a lingua da inmensa maioría do pobo, e durante este período; vaise continuar desenvolvendo unha importante
literatura de carácter popular.
Na literatura dos s. XVI e XVII podemos distinguir entre literatura popular ou tradicional e a literatura culta.
LITERATURA POPULAR E TRADICIONAL
A literatura popular inclúe todas aquelas creacións anónimas elaboradas polo pobo, tanto cantigas como narracións (no s. XVIII e XIX recolléronse por
escrito):
- Literatura anónima tradicional. Manifestacións do lirismo popular en verso
como refráns ou cantigas de berce, cantigas de cego, de traballo, etc; e manifestacións narrativas en
prosa entre as que se inclúen lendas, contos, fábulas etc.
- Poesía de circunstancias de carácter popular. Dúas mostras de poesía narrativa que
xiran en torno a temas históricos,
“Pranto da Frouseira”.Poema anónimo posiblemente de fins do s. XV que xira en
torno á figura de Pedro Pardo de Cela, executado o 17 de decembro de 1483 en Mondoñedo por mandado dos Reis
Católicos.
”Saqueo de Cangas polos Turcos”. Composición anónima do s. XVII que se
inspira no ataque dos piratas turcos á vila de Cangas o 9 de decembro de 1617.
-Panxoliñas de Nadal. Tiveron grande
desenvolvemento durante este período debido á galeguización do tema do Nadal (Galilea/ Galicia).
LITERATURA CULTA:
Podemos agrupalas en poesía de tendencia renacentista e poesía de tendencia barroca.
- Poesía renacentista. Dúas composicións do s. XVI que presentan trazos que caracterizan a poesía de corte renacentista, como as alusións mitolóxicas e o emprego do
soneto:
O “Soneto de Monterrei”. Composición anónima de tema pastoril.
“Araucana naçaon”. Soneto de Isabel de Castro e Andrade, Condesa de Altamira, escrita nun galego con trazos portugueses.
-Poesía barroca. “Exequias
da raíña Margarida” Dous sonetos do s. XVII escritos en galego na honra da raíña de España morta.que presentan trazos como a visión pesimista da vida expresada no tópico do “tempus fugit”. Décimas ó Apóstolo Santiago de Martín Torrado. Composicións de ton irónico, unha sátira sobre a posibilidade de que Santa Teresa comparta con Santiago o padroado de España. “Soneto con Falda” de Xoán Gómez Tonel. Faise un lamento pola perda que supón a desaparición da raíña de España.
“Respice finem” de Pedro Vázquez de Neira. É un soneto composto para o libro das exequias en honra da Raíña Margarida e nel o poeta recorre ao tema da fugacidade da vida e do
poder igualatorio da morte, que non fai excepcións con ninguén.
Composicións das Festas Minervais: Son nove romances escritos con motivo do certame literario das “Festas Minervais”
que convocaba a Universidade de Santiago para loar a figura do seu fundador, don Alonso III de Fonseca.
-O teatro: Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (s. XVI) de Gabriel Feixoo de Arauxo. O asunto da obra é a
disputa entre galegos e portugueses pola pesca no río miño. Ten un ton xocoso e festivo.
A Ilustración
No século XVIII, coa chegada da Ilustración, denúnciase a marxinalidade cultural e lingüística que sofre Galicia e
aparecen algúns ilustrados que procuran a dignificación do país, estudan a lingua e van asentando as bases que
posibilitan a aparición do Rexurdimento no século XIX. As principais figuras da Ilustración son as seguintes:
O Padre Feixoo. A pesar de non ter deixado
ningunha obra en galego, foi un pioneiro na defensa da dignidade da lingua galega, negando a súa condición de
dialecto do castelán e equiparándoo a outras linguas románicas.
Frei Martín Sarmiento. Nas viaxes que realiza por Galiza toma contacto coa realidade do país e recompila abundante léxico. Pódese considerar o precursor da filoloxía galega, ademais atopamos nas súas obras unha
argumentada defensa do uso do galego no ensino, na igrexa e na Administración. É autor en galego do
Coloquio de 24 gallegos rústicos, 1200 coplas de estilo popular, que teñen por obxecto compilar léxico e expresións propias da fala galega.
Os irmáns Anselmo e Plácido Feixoo.
Diego Cernadas e Castro. O cura de Fruíme é un enérxico defensor da lingua galega. É autor de varias
composicións líricas no noso idioma.
O Padre Sobreira. O seu labor céntrase en recoller léxico e refráns e cantigas populares. É autor de
Idea de un diccionario de la Lengua Gallega e Ensayo para la Historia General de Galicia.
Xosé Cornide Saavedra. É un ilustrado que amosou interese pola lingua galega, recollendo no seu
Catálogo de palabras gallegas coplas populares.
Francisca de Isla Losada. Desta autora só se conserva un romance humorístico dirixido ao cura de
Fruíme, pois parece ser que pediu que queimasen os seus escritos tras a súa morte.
Nace en Ponteceso (A Coruña) en 1835 no seo dunha familia de orixe fidalga. Estudou os clásicos
gregos e latinos e fixo Medicina en Santiago de Compostela. Con Aurelio Aguirre, foi promotor do Banquete de Conxo, acto que uniu o 2 de marzo de 1856 a obreiros e estudantes.
Participaba no faladoiro chamado “A Cova Céltica”, que se desenvolvía na libraría Carré con Manuel Murguía, Martínez Salazar e Manuel Lugrís Freire, entre outros. Alí asume o papel de bardo.
En 1890 baixo a petición do músico Pascual Veiga, Pondal escribe o poema “Os Pinos”. En 1907 esta peza musicada por Veiga será estreada na Habana e considerada dende aquela himno de Galicia.
Morreu nun hotel da Coruña en 1917 e foi soterrado no cemiterio de Santo Amaro.
2.-OBRA
En 1861 publica o seu primeiro poema en galego (“A campana de Anllóns”) que aparecera no Álbum de la Caridad, onde se recolleran os poemas participantes nos primeiros Xogos Florais de Galicia.
En 1877 publica Rumores de los pinos (poemas en galego e castelán). A partir del publica Queixumes dos pinos totalmente en galego, en 1886.
En 1992 publicouse postumamente a súa obra Os Eoas, na que estivo traballando toda a vida e que nunca viu publicada.
Queixumes dos pinos (1886)
Poesía
Poemas épicos e líricos
Os Eoas (1992)
Poesía
Poema épico narrativo longo
3.-QUEIXUMES DOS PINOS
Obra composta por poemas de carácter épico e lírico na que destacan os seguintes elementos:
- O celtismo
Pondal defende a orixe celta de Galicia e propón construír coa súa obra unha épica céltica para o pobo galego. Toma a toponimia da Costa da Morte para nomear antigos guerreiros galegos, heroes dun pasado mítico, cuxas fazañas históricas han servir como exemplo de valor cara a un soñado futuro glorioso.
É importante a figura do bardo como encargado de preservar a memoria da tribo ao tempo que exerce de guía do pobo.
Pondal presenta unha situación na que existe un pasado heroico do pobo galego libre, un presente de opresión e escravitude e un futuro, no que o pobo con valor, guiado polo bardo, conseguirá o triunfo da liberdade.
- A natureza
Vía no panteísmo do pobo galego a principal herdanza dos celtas. Os elementos da natureza cobran maior protagonismo: a terra como espazo que comunica co pasado e co futuro; as árbores, como guerreiros chantados na terra e á vez movidos polo vento; a propia paisaxe, que lle serve para expresar sentimentos como o paso do tempo, a soidade, a paixón amorosa, entre outros.
- A virilidade
A súa obra está presidida por unha épica militar que enxalza o forte e o enérxico, identificado co home, fronte ao débil e feble, personificado na muller.
4.-OS EOAS
Traballou ao longo da súa vida nesta obra, mais o seu perfeccionismos fixo que non fose publicada en vida do poeta (1992).
É un canto épico ao descubrimento de América inspirado en Os Lusíadas de Luís de Camões.
5.-LINGUA E ESTILO
Emprega unha linguaxe moi coidada, estilizada, que refuga da lingua coloquial. Usa moito os
cultismo polo seu amplo coñecemento das linguas clásicas (grego e latín).
Recorre aos símbolos e á adxectivación retórica. Moi preocupado por dignificar a lingua galega.