Rexurdimento é o nome co que se coñece a segunda metade
do século XIX e supuxo a recuperación literaria, pero tamén cultural, política
e histórica.
Iníciase
coa publicación en 1863 de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
A máis de Rosalía, hai que engadir a Eduardo
Pondal, Valentín Lamas Carvajal e máis Manuel
Curros Enríquez como os principais escritores en galego desta época.
Na primeira metade do século XIX, houbo unha serie de acontecementos que
prepararon o camiño para este Rexurdimento. Esta época é coñecida como a dos Precursores. Un destes acontecementos foi a invasión francesa, que
deu lugar á circulación de textos de axitación popular escritos en galego. A procura dunha identidade propia de Galicia foi
aumentando e manifestándose en publicacións nas que os escritores e políticos
valorizaban o propio da nosa terra.
Imos descubrir un deses protagonistas....
CURROS ENRÍQUEZ
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/manuel-curros-enriquez-letras-galegas-1967
1.-BIOGRAFÍA
Naceu en Celanova (Ourense) en 1851. Con 15 anos marchou da casa paterna para ir vivir a Madrid. Alí participou en ambientes intelectuais, ao tempo que viviu a revolución de 1868. Defendeu apaixonadamente a república como forma de goberno e o federalismo como modelo de organización do Estado. A súa profesión foi a de xornalista.
En 1877 participa no concurso literario da cidade de Ourense coas composicións “A Virxe do Cristal”, “Unha voda en Einibó” e “O gueiteiro” (primeiro premio e estrea como poeta en galego).
Volve a Ourense e en 1880 (Follas novas, de Rosalía de Castro), publica Aires da miña terra, obra polémica co bispado de Ourense que fixo que fose xulgado (e absolto) por presuntos ataques á relixión católica (anticlericalismo = O divino sainete, 1888).
En 1895 emigra a Cuba. Regresa á Coruña en 1904 para recibir unha homenaxe. De novo en Cuba, foi un dos impulsores da creación da Real Academia Galega.
Faleceu na Habana en 1908 e os seus restos foron repatriados ese mesmo ano e enterrados na Coruña.
2.-OBRA
-Aires da miña terra (1880), poemas de temática social, aínda que tamén hai outros de temática costumista e intimista.
-O divino sainete (1888), poema narrativo de carácter satírico
AIRES DA MIÑA TERRA (Liñas temáticas)
-Liña cívica ou social: Curros dicía que a literatura tiña que ter a función social de compromiso co pobo galego, coa democracia e coas ideas progresistas. Denuncia a inxustizas e opresión cara aos máis débiles (labregos) e critica os caciques e fidalgos. Poemas de ton anticlerical. A súa poesía ten continuación no século XX con poetas como Ramón Cabanillas e Celso Emilio Ferreiro.
-Liña costumista: estética costumista propia do seu tempo e da poesía popular. Recrea lendas,
tradicións e tipos populares. Carácter reivindicativo.
-Liña intimista: en poucos poemas expresa os seus sentimentos. Son aqueles en que mostra a alegría polo nacemento dun fillo ou a dor pola morte da nai, ou mesmo pola morte de Rosalía de Castro.
O DIVINO SAINETE
Longo poema narrativo de carácter burlesco que parodia a Divina Comedia de Dante Alighieri. Está protagonizado polo propio Curros que, en compaña de Francisco Añón, realiza unha viaxe a Romapara gañar o xubileu. Añón será o guía de Curros no percorrido polos sete vagóns dun tren, que representan os sete pecados capitais: preguiza, envexa, gula, ira, luxuria, avaricia e soberbia. En cada vagón encontran personaxes cos que Curros mantivera algunha polémica ao longo da súa vida.Unha vez en Roma, visita ao papa León XIII e aconséllalle que a Igrexa abandone a súa riqueza e volva á vida sinxela.
A obra é unha caricatura da sociedade daquel tempo. Fai unha crítica feroz a todos os estamentos sociais, centrándose nos poderosos, nos seus inimigos e na Igrexa católica (anticlericalismo).
3.-LINGUA E ESTILO
Para Curros, a poesía é un medio de compromiso cívico cos máis débiles, por iso emprega un galego popular da zona de Celanova (pero coida o léxico, a sintaxe e procura evitar os castelanismos) para que o seu público o entenda. Nos poemas sociais predomina a ironía, as comparacións e metáforas. Noscostumistas, emprega paralelismos, repeticións e anáforas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario