o espolio dunha perenne miseria,
as violacións a roupa de cote puñéronma en tiras,
a inxustiza social sin abrigo tembra,
os desafiuzamentos embargaránnos todo,
o abuso laboral que se amargo pan vos ganan / dádesllo envolto en veneno
os éxodos en errantes hordas.
Os versos de Rosalía de Castro e as inxustizas sociais
Rosalía de Castro foi una das principais escritoras galegas do século XIX. A súa obra inclúese dentro do período do Romanticismo. Escribiu tanto en galego como en castelán e a temática da súa obra é de dor e desengano, de morriña e patria. Rosalía considérase unha pioneira do feminismo na literatura.
Neste traballo analízanse dous poemas relacionados con sentimentos negativos como a vergonza, a deshonra; e con problemáticas sociais tan actuais coma o maltrato ou o machismo.
Rosalía identifícase nos seus poemas con mulleres deshonradas, maltratadas, con seres perseguidos e sinalados pola xente. Estes poemas son un medio para liberarse do sentimento do ser obxecto de burla, dándolle expresión poética. Os poemas permítenlle exteriorizar ese sentimento de raíz inconsciente.
O primeiro dos poemas, Ladraban contra min, inclúese na súa obra Follas Novas.
Ladraban contra min, que camiñaba
cásique sin alento,
sin poder co meu fondo pensamento
i a pezoña mortal que en min levaba.
I a xente que topaba,
ollándome a mantenta,
do meu dor sin igual i a miña afrenta,
traidora se mofaba.
I eso que nada máis que a adivinaba.
«Si a souperan, ¡Dios mío!,
-penséi tembrando-, contra min volvera
a corrente do río».
Buscando o abrigo dos máis altos muros,
nos camiños desertos,
ensangrentando os pes nos seixos duros,
fun chegando ó lugar dos meus cariños,
maxinando espantada: «Os meus meniños
¿estarán xa despertos?
¡Ai, que ó verme chegar tan maltratada,
chorosa, sin alento e ensangrentada,
darán en se afrixir, malpocadiños,
por suá nai malfadada!».
Pouco a pouco fun indo,
i as escaleiras con temor subindo,
co triste corazón sobresaltado.
¡Escoitéi...! Nin as moscas rebullían.
No berce inda os meus ánxeles dormían,
ca Virxen ao seu lado.
No primeiro verso, a frase “ladraban contra min”, a escritora indica que lle berraban e se burlaban dela. Nótase a angustia dunha persoa que case sen alento camiña oíndo os cans ladrar contra ela.
Expresa tamén un sentimento de vergonza, probablemente relacionado co feito de que a propia Rosalía era filla de nai solteira e un sacerdote.
Nos seguintes versos, Rosalía expresa a angustia dunha muller polos seus fillos, porque non quere que a vexan maltratada.
Os últimos versos son de tranquilidade porque os nenos dormen pacíficamente na súa cama.
O segundo poema, A xustiza pola man, tamén pertence á obra Follas Novas, e conta a vinganza dunha muller que pide xustiza, e como non lla conceden decide matar aos que a ofenderon.
Aqués que tén fama de honrados na vila,
roubáronme tanta brancura que eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en donde eu vivira;
sin lar, sin abrigo, moréi nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos..., ¡meus anxos...!, que tanto eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedéi deshonrada, mucháronme a vida,
fixéronme un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.
-¡Salvádeme, ou, xueces! -berréi... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendéume a xusticia. -
Bon Dios, axudáime -berréi, berréi inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pilléi a fouciña,
rondéi paseniño... ¡Ne as herbas sentían!
I a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.
Miréinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun soio!, deixéinos sin vida.
I ó lado, contenta, sentéime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces..., estonces cumpréuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.
Nos versos “roubáronme tanta brancura que eu tiña” ou “a roupa de cote puñéronma en tiras”, Rosalía pode estar facendo referencia a un atentado ao seu honor, como unha violación.
Tamén se refiere á pobreza, porque fala de como os seus fillos están morrendo de fame.
Nos seguintes versos relata que por moito que grite que a salven ante o xuíz, non lle van facer caso.
Por último, a escritora demostra que se pode facer xustiza por moito que coste, aínda que sexa fóra da lei.
Queda claro o odio, o resentimento e o desexo de vinganza da muller perseguida.
FÁTIMA JUNCAL, 4º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario