LITERATURA MEDIEVAL

CREA O TEU NOME CON LETRAS MEDIEVAIS



LITERATURA MEDIEVAL_PPT 
Na Idade Media desenvólvese a lírica trobadoresca galego-portuguesa durante un período que abrangue desde finais do século XII, data  dos textos conservados máis antigos, ata mediados do século XV.
As composicións denomínanse cantigas posto que estaban destinadas a ser cantadas con un acompañamento musical. 

            A nosa extraordinaria lírica medieval consérvase principalmente en 4 Cancioneiros profanos e un de carácter relixioso. O máis antigo é o de Ajuda, recopilación case exclusiva das Cantigas de Amor. Os outros son: O Cancioneiro da Vaticana, C da Biblioteca nacional e o C de Berkeley.

           Fronte á importancia da lírica medieval, a prosa ofrécenos unha relativa impresión de pobreza, tanto pola cantidade dos textos como pola calidade. Este feito explícase  porque se vivía baixo a influencia do latín e a maior parte das obras eran compostas neste idioma.
          
            A finais do século XIII Afonso X crea a Escola de Tradutores de Toledo e  o seu neto, D.Dinis funda en Portugal os Estudos Gerais.
Con estes monarcas a cultura foise extendendo  fóra dos claustros monásticos, de tal xeito que castelán e galego -portugués servirán de base para a expresión de ideas e conceptos.

            Pero mentres se produce a normalización da prosa en Castela e en Portugal, Galicia vaise rebelar incapaz de xerar a súa propia prosa. Temos algunhas mostras como as traduccións : Xeneral Estoria, Crónica Xeneral de España, Crónica Troiana e obras orixinais como: Crónica de Santa María de Iria e os Miragres de Santiago. 

CARACTERÍSTICAS E CONTIDOS DAS CANTIGAS

 CANTIGA DE AMIGO


ACTIVIDADES CANTIGA DE AMIGO


  
CANTIGA DE AMOR













 ACTIVIDADES CANTIGA DE AMOR



  CANTIGA DE ESCARNIO E MALDICIR (MALDIZER)










  CONCEPTOS:

1-    Talho: composto por cobras ou coblas (estrofas). As cantigas de amigo levarán refrán en cada unha das cobras. A cantigas de amor non teñen refrán, agás algunha que pode ter ( por esa razón son as preferidas polos trobadores)

2-    O refrán: Verso ou varios versos que se repiten nun lugar fixo do poema. Nas cantigas de amor aparecen unha vez en posición intermedia ou final.

3-    Rima: A rima é consoante ou asoante. Para eles riman de maneira consoante: bem, em, ben, be

4-    Métrica: A base métrica é o ritmo agudo (macho). Cando acaba en sílaba grave será femia.
Só se conta ata a última sílaba acentuada e non haberá sinalefa nen diérese nen sinérese.
      Esquema estrófico: aabc AA (se contamos o refrán poñerémolo en maiúsculas)

Se as rimas son iguais en tódalas cobras reciben o nome de Unissonans; senón terán o nome de Singulars. As primeiras son as preferidas polos trobador.

RECURSOS FORMAIS
Na lírica galego-portuguesa dous serán os recursos que máis aparecerán nas composicións:

1-    Paralelismo: Consiste na repetición literal de grande parte dun verso en varias estrofas e na mesma altura estructural.

2-    Leixapren (deixa e prende): Consiste nunha repetición do verso en cobras alternas. Non se dan en estrofas consecutivas. Soe ser  o último verso da 1ª cobra co 1º verso da 3ª cobra.
     Ás veces pode darse Paralelismo e Leixapren.

3-    Cobras dobras: Igualan os sons en rima de dúas en dúas cobras. Teñen dúas combinacións posibles: 1ªe 2ª entre sí 3ª e 4ª entre si// 1ª e 4ª, 2ª e 3ª.

4-    Cobras alternas: Neste caso igualarían os sons de rima: 1ª e 3ª // 2ª e 4ª

5-    Cobras ternas: As rimas igualan de 3 en 3 estrofas (as 3 primeiras por un lado e as 3 últimas por outro)

6-    Palabra Rima: Se aparece unha palabra en posición de rima en distintas estrofas, no mesmo número de verso.

7-    Dobre: Característico da nosa escola lírica. Unha palabra que se repite na mesma altura estructural en toda e cada unha das cobras. Se falla nunha xa non hai dobre. Diferénciase da palabra rima que o dobre non está en posición de rima.

8-    Mordobre ou Mozdobre: Palabra derivada. Normalmente aparece sobre un verbo aínda que tamén se pode dar en nomes. Serve para poñer de relevo unha idea.

9-    Palabra Perduda: Un verso que non rima con ningún outro da súa cobra e fica solto.
Se aparece unha palabra perduda na 1ª cobra debe aparecer en todas.

10- Finda: É unha estrofa máis breve situada ao final da cantiga que resume o seu contido.


11- Atá-finda: Consiste na unión de estrofas con encabalgamentos ata chegar á finda. A frase iniciada no último verso dunha estrofa complétase na seguinte.

De acordo coa terminoloxía da época, pódense distinguir os seguintes tipos de poetas e artistas:
  • Trobador: compuña textos e música; era de clase nobre.
  • Xograr: de clase baixa; polo xeral era só intérprete de cantigas creadas polos trobadores.
  • Segrel: un trobador profesional que aceptaba diñeiro pola interpretación das súas composicións. Case sempre eran infanzóns pobres ou xente da nobreza baixa.
  • Menestrel: instrumentista que executaba o acompañamento musical das cantigas.
  • Soldadeira: bailarinas que tamén tocaban algún instrumento (o seu nome vén de que levaban unha vida lixeira acompañando os soldados; foi famosa, por exemplo, María a Balteira).

LITERATURA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA

CARACTERÍSTICAS XERAIS:

INTRODUCIÓN:
- Cronoloxía:
- Temática:
- Influencia:
- Lingua:
- Prosa:

- AUTORES E INTÉRPRETES:
- Trobador
- Xograr
- Segrel
- Menestrel
- Soldadeira

- OS CANCIONEIROS:


- TIPOS DE CANTIGAS:
- PROFANAS:

CANTIGAS DE AMIGO
- INTRODUCIÓN:
- Temas: 
- Localización: 
- Suxeito lírico:
- Personaxes:
- Orixe:
- Palabra clave:
- CARACTERÍSTICAS FORMAIS:

- TEMAS E CLASIFICACIÓN:

CANTIGAS DE AMOR
- Temas e subtemas:
- Orixe:
- O “amor cortés”:
- Suxeito lírico:
- Palabra clave:
- CARACTERÍSTICAS FORMAIS:

- CLASIFICACIÓN:

CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR
- Definición:
- Tipos:
- Temática:
- CARACTERÍSTICAS FORMAIS:


XÉNEROS MENORES:
- TIPOS:
  
- RELIXIOSAS:

CANTIGAS DE SANTA MARÍA
- Descrición:
- Lugar de composición e autores:
- Fontes:
- Finalidades:


-Tipos:

PROSA MEDIEVAL


No hay comentarios:

Publicar un comentario

LITERATURA MEDIEVAL

HISTORIA DE GALICIA - O GALEGO- PORTUGUÉS (ata o minuto 11) P RESENTACIÓN LITERATURA MEDIEVAL 3º ESO Lírica medieval galego portu...

ENTRADAS POPULARES