domingo, 22 de enero de 2023

REXURDIMENTO

O PRERREXURDIMENTO (SÉCULO XIX)

Período que se extende de 1808 a 1863 (dende a invasión das tropas napoleónicas ata a publicación da primeira obra integramente en galego, Cantares gallegos de Rosalía de Castro).
Nas primeiras décadas do século XIX escribíronse textos en prosa de carácter propagandístico.
Tamén hai textos de literatura de circunstancias: a obra de teatro A casamenteira (1842) de Antonio Benito Fandiño (matrimonios de conveniencia) e dous poemas amorosos de Nicomedes Pastor Díaz (“Belmiro e Benigno” e “Alborada”).

OS PRECURSORES

1853: Galicia quedou dividida nas catro provincias actuais = Provincialismo (reivindica a Galicia como única provincia).

Na literatura, aparecen os precursores = escritores comprometidos coa defensa do galego e coa recuperación da cultura galega.

Xoán Manuel Pintos (1811 – 1878): A gaita gallega (1853), primeiro libro da literatura galega contemporánea, aínda que algunhas das súas páxinas están en castelán e en latín.

Francisco Añón (1812 – 1878): Prolífico poeta. Escribiu poemas de carácter costumista e reivindicativo, como o himno patriótico “A Galicia”.

Certame poético en 1861, Xogos Florais de Galicia, no que participan Rosalía e Pondal (Álbum de la Caridad), primeira escolma da poesía galega contemporánea. 


O REXURDIMENTO

Movemento cultural, social e literario que se desenvolve do 1863 (Cantares gallegos) 1916 (Irmandades da Fala). O seu obxectivo é o de dignificar a identidade galega (poder político e administrativo propio e recuperar o idioma galego).
Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez son os principais autores deste movemento.

CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO 

Galicia era no século XIX unha sociedade principalmente rural. Os principais sectores económicos eran a agricultura e a pesca, mentres que a industria presentaba un papel moi pouco relevante. Mantíñase o sistema foral, o que significaba que as terras non pertencían aos labregos que as traballaban, senón ás clases altas: o clero, a fidalguía... Os labregos pagaban un imposto (o foro) por traballar as terras e as clases altas vivían de rendas. 

A pobreza na que vivía o campesiñado fixo que buscasen unha saída para subsistir: a emigración. Así, ao longo do século XIX moitos galegos marchan a países coma Arxentina, Cuba, Brasil... Houbo algúns que fixeron fortuna nas Américas, pero a maioría volvían avellentados e tan pobres como marcharan.


Galicia sofre dúas lacras:
-A implantación do poder central nas redes caciquís para impoñer os seus intereses 

-Perpetuación do sistema foral que regulaba a propiedade da terra

Isto provoca o empobrecemento das clases populares emigración

burguesía de orixe foránea (catalá) crea as primeiras industrias e fábricas de salgadura. 


SITUACIÓN DA CULTURA E DA LINGUA
A mediados do século XIX apareceron as primeiras publicacións periódicas en galego. Hai que esperar ata os anos 70 para ver xornais e revistas monolingües en galego (O Tío Marcos da Portela, A Monteira).
Publicacións de Historia de Galicia (Benito Vicetto) e Historia de Galicia (Manuel Murguía). Primeiras gramáticas en galego (Saco e Arce), primeiros dicionarios (Marcial Valladares), primeiras editoriais galegas na Coruña (Librería Gallega, de Uxío Carré; Biblioteca Gallega, de Martínez Salazar).

A PARTIR DO MIN. 16

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-13-nacion-de-breogan

 

O Rexurdimento iníciase co Galeguismo en 1833 e vive a súa primeira etapa, a dos Precursores, até a publicación de Cantares Gallegos en 1863. A segunda etapa é a do Rexurdimento pleno e abrangue até 1888, ano da publicación de O divino sainete de Curros Enríquez, considerada a derradeira grande obra desta época, pois en 1885 xa publicara Eduardo Pondal a súa última obra Queixumes dos pinos, Rosalía de Castro morrera nese mesmo ano. A terceira etapa é a do Período finisecular e abrangue até 1916. 


En resumo:
De 1833 a 1863_______ Rexurdimento. Precursores.
De 1863 a 1888_______Rexurdimento pleno.
De 1888 a 1916 ______ Rexurdimento. Período finisecular.


 


COMPLETA O SEGUINTE ESQUEMA:
REXURDIMENTO (s. XIX)
AUTOR
ROSALÍA DE CASTRO
CURROS ENRÍQUEZ
EDUARDO PONDAL
DATOS BIOGRÁFICOS









OBRA
Cantares gallegos (1863): Inicio do Rexurdimento pleno.







Follas Novas (1880): temática social e intimista




Aires da miña terra (1880): mestura a temática social coa costumista.







O divino sainete: critica aos poderosos
Queixumes dos pinos (1885): fala do pasado glorioso de Galicia.







Os eoas: sobre os galegos no descubrimento de América
TEMÁTICA
- COSTUMISTA: describe os costumes, tradicións do pobo



- CÍVICO-PATRIÓTICA: denuncia a marxinación



- INTIMISTA: manifesta os seus sentimentos


- COSTUMISTA: recrea lendas populares




- CÍVICO-SOCIAL: critica a opresión



- INTIMISTA: manifesta sentimentos
- CÍVICO-PATRIÓTICA: a figura do bardo lembra o pasado galego



- LÍRICA: a muller e a natureza son os temas principais
LINGUA
- Dialectalismos da zona de Padrón, seseo, etc
- Castelanismos

- Galego de Celanova, dialectalismos propios
- Galego culto
- Dialectalismosde Bergantiños
MÉTRICA
- Tradicional: copla
- Innovadora: mestura arte maior e menor
- Rima consonante
- Uso de estrofas cultas
- Versos cultos de arte menor
- Octava real

RECURSOS
- Paralelismos                          - Anáforas
- Metáforas                               - Símbolo
- Paralelismo                                  -Anáfora
- Comparación
- Paralelismo                             - Epíteto
- Metáfora                                  - Símbolo
- Hipérbato

OUTROS







COMENTARIO POÉTICO
1.-Lectura do poema: debes ler o poema as veces que sexan necesarias para entendelo plenamente. 
2.-Introdución: achegamento ao poema e ao seu contexto. Debes comprobar de que libro procede, así como cando e onde se publicou. Isto axudarache a situalo dentro do conxunto da obra do autor ou autora, así como no contexto da corrente literaria e da época. 
3.-Análise da voz poética: fíxate nos pronomes, verbos... Están en 1a persoa ou en 3a? 
4.-Achegamento ao contido do poema:
a.-de que trata? Resumo do asunto do poema. 
b.-cal é, en consecuencia a temática do poema? (ten en conta o léxico) c.-tempo, espazo e personaxes 
5.-Estrutura: poderías dividir o poema en partes tendo en conta o contido? Explica o contido de cada parte e xustifica (explica) a división que fas. Sinala os versos que comprenden cada parte. 
6.-Forma do poema: comentario da forma estrófica. Explica de que tipo de estrofa se trata, que tipo de versos a forman e cal é a rima. Logo continúa cos recursos formais (aliteracións, anáforas, comparacións...) 
7.-Síntese final e opinión persoal: sintetizar o máis interesante e achegar a opinión persoal (sempre convenientemente explicada).


1.-Pra Habana 
V
Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van. 

Galicia, sin homes quedas 
que te poidan traballar. 
5 Tes, en cambio, orfos e orfas 
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos 
e fillos que non ten país
E tes corazóns que sufren 
10 longas ausencias mortás, 
viudas de vivos e de mortos
que ninguén consolará.
Rosalía de Castro, Follas novas 


2.-Esta composición é a parte V do primeiro poema do Libro V (“Viudas dos vivos e viudas dos mortos”) de Follas Novas, o segundo libro de Rosalía de Castro que se publica en 1880 e un dos máis importantes que se publica durante o Rexurdimento.

3.-A voz poética parece establecer un diálogo no que se dirixe a Galicia “sin homes quedas” (3) “tes” (5, 9).

4.-O tema central é a desolación de Galiza polo abandono dos seus habitantes (“Galicia, sin homes quedas / que te poidan traballar”, versos 3-4). Trátase o tema desde a perspectiva dos que quedan, non dos que marchan e neste anaco non se fai referencia a que a razón deste abandono é aemigración, pero si no resto do poema e é ademais un dos temas máis importantes de Follas Novas.

5-Segundo isto, podemos dividir o poema en dúas partes. A primeira, do verso 1 ao 4, onde se falan dos que se van. A segunda, do verso 5 ata o final, na que se dá a visión dos que quedan aquí.

6.-No que respecta á forma do poema, debemos destacar que os principais elementos a comentar están relacionados coa métrica. Verso octosílabo, un verso popular, pero que tamén se cultivou na poesía culta (Romanticismo). Rima asonante alterna só nos versos pares. Esta é a rima que domina
na obra, que destaca pola súa forma poética novidosa, xa que a autora usa a forma do xeito que cre máis axeitado para o que quere expresar.
No que respecta á sintaxe, hai un hipérbato no verso 3 (“Galicia, sin homes quedas”) coa finalidade de destacar o substantivo “homes” que se antepón ao verbo.
Temos a repetición dunha ou varias palabras en contacto no verso 1 (“Este vaise i aquel vaise,”) e no 2 (“e todos, todos se van”). Tamén se dá a anáfora (repetición dunha ou máis palabras ao comezo de varios versos sucesivos) e polisíndeto nos versos 2, 6, 7, 8 e 9 (“e todos, todos se van; e campos de soledad / e nais que non teñen fillos / e fillos que non ten pais. E tes corazóns que sufren”).
Hai unha acumulacións de palabras que se dá na enumeración dos que se van (“Este vaise i aquel vaise, / e todos, todos se van”) e dos que quedan (“Tes, en cambio, orfos e orfas / e campos de soledad, / e nais que non teñen fillos / e fillos que non ten pais. / E tes corazóns que sufren / longas ausencias mortás, / viudas de vivos e de mortos”). É un fenómeno intensificador da idea central.
No que respecta ao léxico, vemos que emprega un léxico popular e usual. Hai unha serie de fenómenos semánticos que recalcan a idea principal de soidade como son a hipérbole “sin homes quedas”, a metáfora “campos de soledad” ou o paradoxo “nais que non teñen fillos / e fillos que non ten pais; viudas de vivos e de mortos”.

7.-Podemos concluír, que este poema de Rosalía de Castro trata unha temática propia da poesía social (a emigración). Nel denuncia o drama que viven as persoas que pasan por esa situación e faino utilizando un léxico e uns versos propios da poesía popular, igual que fai outro gran poeta do Rexurdimento como é Manuel Curros Enríquez. 



COMENTARIO TEXTOS LÍRICOS
1.      Comprensión do texto
2.     Localización. Contextualización (autor, obra, época, movemento literario, xénero literario).
3.     Análise do contido: tema - resumen.
4.     Análise da estrutura: MÉTRICA (estrutura externa) / SEMÁNTICA (estrutura interna)
5.     Comentario estilístico (sempre xustificando, poñendo exemplos do texto):
         1. Nivel fónico: verso, rima, rima e estrofa. Relacionar co movemento literario. Figuras retóricas baseadas no son (onomatopea, aliteración): exemplos e con que finalidade se utilizn.
        2. Nivel morfosintáctico: Predominio dunhas categorías gramaticales sobre outras. Sinalar que valor teñen. Tempos verbais que dominan e por que. Predominio da oración simple (estilo sinxelo) oración composta (complexidade). Figuras do plano morfosintáctico  (exemplos e valor)
        3. Nivel léxico- semántico: Palabras clave, presenza de palabras compostas, derivadas, valor connotativo dalgúns termos, sinónimos, antónimos...  Figuras e tropos do plano léxico-semántico. Poñer exemplos e indicar por que están no texto.

6.     Conclusión


LOCALIZACIÓN – CONTEXTUALIZACIÓN

O presente texto é obra de                  …                               , poeta (autor, novelista….) do século …                    , célebre por      …                               e entre cuxas obras destacan    …

O poema que comentamos pertence á súa obra …                                         destacada por tratarse de ……….                             

A obra deste autor insírese no movemento… (época…) caracterizada por…..                      


TEMA

O texto (poema, fragmento, relato,….) que nos ocupa trata o tema de…..

Nel, o autor conta …..

ESTRUTURA EXTERNA

Pola súa estrutura externa, os versos do poema constitúen un ……, é decir, unha composición formada por…. versos, de rima ….. , distribuídos en ……. A rima da estrofa asustase ao esquema…..

ESTRUTURA INTERNA

Pola súa estrutura interna podemos dividir o poema en … parte.
A primeira comprende os versos….. e neles o poeta…..
A segunda abrangue….

COMENTARIO ESTILÍSTICO

En canto ao estilo, o poema comeza cun…. A continuación… Na primeira estrofa o poeta válese de….  SEMPRE XUSTIFICANDO E EXEMPLIFICANDO AS FIGURAS LITERARIAS

CONCLUSIÓN
En conclusión,  este poema …

O obxectivo do autor…


Relación coa época movemento… 

EXEMPLO COMENTARIO

Cando no escarpado 
Ougal apunta a soa floriña, 
anunciando ao cazador
do ano a estación garrida; 

cando da doce Fungar
ás curvas praias marinas
en nó tecido voando 

chegan as lixeiras píllaras; 
entonces do bardo a alma 
que soña entre as uces irtas, 
apoiado na súa arpa,
en donde o vento suspira; 
mentres que os fillos dos homes 
danse ás faenas da vida, 
entonces do bardo a alma
visita a melancolía.


COMENTARIO
O Rexurdimento das letras galegas veu da man de tres grandes figuras literarias: Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Pondal, autor do poema que nos ocupa, naceu en Ponteceso en 1835. A co- marca de Bergantiños será determinante na súa obra, pois estas terras van ser escenario e protagonistas do mundo mítico que recreará nos seus poemas.

A composición de Pondal motivo de comentario leva por título «A alma do bardo» e é unha primeira versión do poema «Cando no escarpado cabo» incluído en Queixumes dos pinos (1886), obra clave do escritor que recolle gran parte da súa produción poética. No seu afán por dotar a Galicia dun pasado glorioso, que dignifique a historia do pobo galego fronte á cultura dominante procedente de Castela, os poemas de Queixumes dos pinos constitúen unha sucesión de cantos que recollen a memoria mítica de Galicia e proxéctana cara a un futuro esperanzador.

O poema, composto por dezaseis versos, pode dividirse en dúas partes con dous motivos principais. A primeira parte correspóndese cos oito primeiros versos; nela, a presenza da natureza propia da obra de Pondal é a protagonista. A paisaxe pondaliana está representada por unha natureza áspera e esquiva, pre- sente no poema (escarpado Ougal, uces irtas). Os topónimos empregados (Ougal, Fungar) sitúan a compo- sición nas terras de Bergantiños, escenario, como xa apuntamos, do seu mundo literario.
Na segunda parte (oito últimos versos) aparece o motivo central da composición: a figura do bardo. O bardismo, ligado ao celtismo, é un dos motivos principais da obra do bergantiñán. O propio Pondal, chamado entre os seus contemporáneos o Bardo das letras galegas, considérase a si mesmo o vate elixi- do para instruír o pobo galego e liberalo da súa escravitude. Baixo esta consideración, a figura do bardo amósase como un trasunto do poeta. No poema fica presente a concepción aristocrática da figura do vate (o bardo oponse a «os fillos dos homes»), un ser elixido entre o resto dos mortais para guiar o pobo. Este destino fatal é o motivo de que a figura do bardo acostume a aparecer ligada á saudade, tal e como sucede nos versos que nos ocupan: mentres que os fillos dos homes / danse ás faenas da vida / entonces do bardo a alma / visita a melancolía.

Canto aos recursos estilísticos, o máis salientable é a presenza de hipérbatos, propios da poesía de Pon- dal (do ano a estación garrida; entonces do bardo a alma); a anáfora entre o primeiro e o quinto verso (Cando no escarpado Ougal.../ Cando da doce Fungar...) e a repetición do verso en que se inspira o título do poema (entonces do bardo a alma). Propio da épica é o recurso de substituír un substantivo por unha perífrase (a estación garrida = primavera; a soa floriña = a camariña).
Canto á métrica, está composto por versos octosílabos onde predomina a rima asonante. Pondal, coa súa obra, perseguía dous obxectivos fundamentais: no aspecto lingüístico, pretendía dignificar a lingua galega e convertela nun idioma culto. No aspecto literario, tentaba arredarse do realismo e costumismo predominantes na época para procurar as raíces prehistóricas de Galicia coa mesma intención de dignificar a nosa cultura. O intelectualismo presente na súa obra fixo que en vida non gozase do mesmo recoñecemento e aceptación popular que tiveron Rosalía e Curros, recoñecemento que se supliu co paso dos anos, cando pasa a ser referente de importantes poetas. 

COMENTARIO CURROS. A CHEGADA DO TREN


COMENTARIO
Manuel Curros Enríquez é, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, un dos máximos expoñentes do Rexurdimento da literatura galega. O que caracteriza a obra de Curros Enríquez é que concibe a poesía como un instrumento a través do cal se poden poñer de manifesto e denunciar as inxustizas sociais que minguaron a liberdade e o progreso de Galicia. A obra de Curros foi a iniciadora dunha liña social-pa- triótica na poesía galega que tivo grandes cultivadores na nosa literatura como pode ser o caso do poeta, celanovés coma Curros, Celso Emilio Ferreiro.
«Na chegada a Ourense da primeira locomotora» é unha das composicións de Aires da miña terra (1880), poemario que recolle gran parte da produción poética do autor. No libro diferéncianse catro liñas temáticas fundamentais: a liña social, a costumista, a narrativa e a lírico-intimista; o poema que nos ocupa pertence á primeira das liñas mencionadas.
Neste poema Curros Enríquez expresa a defensa das ideas de progreso e liberdade que se opoñen ta- xativamente ás ideas da Igrexa católica. Para Curros, a Igrexa representa os valores das clases dominantes, a oposición ao progreso, así como o mantemento do sistema foral, do cal esta institución era a principal beneficiaria, co que isto supuña de freo para o avance social e económico do agro galego e de Galicia en xeral. Esta idea exponse no poema a través dunha serie de símbolos. A locomotora simboliza a redención, o progreso, a luz e a riqueza; por oposición, a catedral –asociada aos abades e aos cregos– simboliza a dema- goxia, o inmobilismo, o fanatismo e a pobreza. Outro elemento presente no poema é o río, que simboliza a historia e o movemento.
En «Na chegada a Ourense da primeira locomotora» podemos diferenciar tres unidades estruturais dependendo do destinatario ao que se dirixe o eu lírico. A primeira unidade comprende as catro primeiras estrofas. O eu lírico diríxese a mozos, mozas, rapaces e vellos para anunciar a chegada da locomotora (¡Vin- de vela, mociños e mozas! / ¡Saudádea, rapaces e vellos!). Nesta primeira parte xa aparece exposta a oposición progreso/Igrexa que comentabamos anteriormente. Así, a locomotora é sinal de tempos mellores (Por onde ela pasa / fecunda os terreos, / espértanse os homes, / florecen os eidos), e identifícase cunha virxe, mais cunha virxe ligada ao progreso e afastada da Igrexa católica (parece unha Nosa Señora, / unha Nosa Señora de ferro. / Tras dela non veñen / abades nin cregos, / mais vén a fartura / ¡e a luz!, ¡e o progreso!).
A segunda unidade estrutural abrangue a quinta e a sexta estrofa. Neste caso, o destinatario é a Cate- dral, que aparece ligada ao fanatismo relixioso (Catedral, demagogo de pedra, / dun pobo fanático erguida no medio, / repenica esas chocas e campanas / en sinal de alegría e contento). Por último, a terceira unidade confórmana as dúas últimas estrofas, nas cales o destinatario é o río. Nesta parte a locomotora volve identi- ficarse cunha figura relixiosa, neste caso Cristo: que a máquina é o Cristo / dos tempos modernos. A fe cristiá na mordenidade debería ser substituída pola fe na máquina, isto é, na ciencia.
Canto aos recursos estilísticos, cómpre salientar a reduplicación da fórmula velaí vén no verso (velaí vén, velaí vén avantando) e a repetición que se establece entre o primeiro e o noveno verso (velaí vén, velaí vén avantando e velaí vén, velaí vén tan houpada). O ritmo do poema tamén se consegue a base de repeticións das mesmas estruturas sintácticas (mociños e mozas e rapaces e vellos; fecunda os terreos, espértanse os homes, florecen os eidos). Tamén cómpre nomear a utilización do polisíndeto en cómaros e corgas e vales e cerros ou en mais vén a fartura / ¡e a luz! ¡e o progreso!, recurso que lle imprime dinamismo ao poema. O esquema métrico é –a –a, e altérnanse en cada estrofa versos de arte maior (de 10, 11 e 12 sílabas) e de arte menor (de seis sílabas).
Este poema recolle as características máis destacadas da obra de Curros: o compromiso do poeta coa defensa dos dereitos dos cidadáns, a defensa de Galicia e o anticlericalismo progresista. 


ROSALÍA DE CASTRO
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/rosalia-de-castro-letras-galegas-1963

1.Aspectos biográficos
Naceu en Santiago, en 1837. A infancia pasouna en Padrón. Marchou logo a Santiago onde entra en contacto cunha mocidade inqueda: Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal etc. En 1853 pasa unha tempada en Muxía, invitada pola familia de Pondal. A experiencia serviralle para ambientar a súa primeira novela, La hija del mar, e para compor o poema “A romaría da Barca”, publicado no Álbum de la Caridad (1862).
Marcha en 1856 a Madrid. Alí coñece a Manuel Murguía con quen casa en 1858. Un ano antes publica o seu primeiro libro de poemas, La Flor. En 1861 publica o seu primeiro poema en galego, “Adió, ríos, adiós, fontes”. En 1862 edita o poema A mi madre. Un ano despois aparece o primeiro libro integramente escrito en galego da historia: Cantares gallegos.
Por motivos de traballo e penurias económicas, o matrimonio e os seus sete fillos veranse obrigados a cambiar frecuentemente de localidade de residencia (Santiago, Madrid, Lugo, Simancas...) ata que pasan os últimos ano na casa da Matanza (Padrón).
En 1880 publica a súa derradeira novela en castelán e o seu derradeiro libro en galego: El primer loco Follas novas, respectivamente. O poemario En las orillas del Sar, sae do prelo en 1884.
Morre en Padrón en xullo de 1885, nunha situación de extrema pobreza, marxinada por case toda a intelectualidade da época.

2.A singularidade da figura de Rosalía
Era unha muller culta, con criterios propios e contestaria, consciente do que facía cando rompía a mantenta os moldes literarios, idiomáticos, ideolóxicos e temáticos dominantes. Foi precursora do feminismo, anticapitalismo, nacionalismo progresista etc.
Rosalía é unha figura singular no contexto literario da súa época por tres aspectos: participa na posta en marcha dun sistema literario galego autónomo usando unha lingua marxinada, rompe todas as barreiras temáticas e cultiva non só poesía, senón tamén, abundantemente, a prosa.
Teceuse sobre ela unha imaxe distorsionada e mistificada. Presentouse como unha santiña ou unha chorona. Tivo enormes dificultades para publicar (Follas novas publícase en 1880 grazas á axuda dos emigrantes galegos en Cuba) e recibiu en vida ataque durísimos.
Unha das maiores inexactitudes é a de considerala unha escritora romántica. Téñense dado os seguintes argumentos para rexeitar ese rótulo caracterizador:
a)Na súa obra non hai nunca unha actitude escapista, senón máis ben identificación coa realidade.
b)Destaca na súa escrita a denuncia social e a sensibilidade para os distintos problemas da xente (mulleres campesiñas). Ten unha actitude solidaria e crítica coa sociedade.
page1image23088
c)O ton de sinceridade dos seus versos está moi lonxe do finximento de moitas poesías románticas.
d)Temas como a morte, o suicidio, o desengano amoroso etc. son abordados por Rosalía cunha perspectiva máis grave e seria que a dos románticos.

3.O compromiso social
A súa obra ten un forte compoñente social. O compromiso de Rosalía como escritora plásmase nestes aspectos:
a)A defensa da cultura e do idioma galegos, da nosa maneira de ser presentándoas como dignas e naturais.
b)A defensa de valores sociais e morais do pobo galego.

c)A identificación cos problemas das clases populares galegas.

d)A denuncia das inxustizas, insultor e abusos cometidos con Galiza e cos galegos (emigración). e)A reivindicación dos dereitos da muller, comezando polo propio dereito a escribir.



4.O feminismo
Na segunda metade do século XIX xorde o debate entre os que defenden o dereito da muller a ocupar un novo e máis xusto posto na sociedade, en igualdade de dereitos có home, e os dicían que debía continuar recluída no ámbito doméstico, sen acceso á cultura nin á educación, ocupada só no coidado da familia. O posicionamento feminista de Rosalía está presente en toda a súa obra (“Lieders”, La hija del mar, Flavio, “Las literatas. Carta a Eduarda”).

5.Obra literaria



5.1.Obra en galego:  CANTARES GALLEGOS (1863)

A publicación de Cantares gallegos 17 de maio de 1863 constituíu un fito na historia de Galicia. Inaugura a literatura galega contemporánea. Cen anos despois instaurouse esa data como o Día das Letras Galegas.
Cantares gallegos é o primeiro libro publicado integramente en galego. Dedicado á escritora Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber). Consta dun total de 36 poemas, todos eles vinculados a unha cantiga popular que Rosalía reproduce e glosa. Neles, unha voz poética (unha rapaza) desenvolve un cantar popular (glosa) que aparece ao comezo ou ao final de cada poema.
CG ten unha estrutura circular. No primeiro poema faise unha presentación dunha voz feminina á que autora lle pide que cante en lingua galega. No último poema esta voz escúsase por ter cantado con pouca graza a moita fermosura de Galicia.

Os 36 poemas van precedidos por un prólogo en galego. Nel, a autora pide desculpas polos posibles defectos do seu libro e explica as razóns da súa decisión de cantar en galego as belezas e costumes do país. Ten un triplo obxectivo:
a)reivindicar a validez do noso idioma “para todo tipo de versificación” 
b)denunciar o maltrato e a marxinación que padecen Galicia e os seus habitantes 
c)combater a negativa imaxe de Galicia nesa época

Uso da creatividade do pobo con finalidade culta (os cantares) e a identificación cos problemas que este sofre, xunto cun uso consciente da lingua galega, confírelle a este libro un evidente carácter reivindicativo.

Temáticas:-Costumista: recrean estampas cotiás da vida labrega e crenzas relixiosas dominadas
pola superstición e a resignación. Ton desenfadado co que busca dignificar a maneira de vivir da xente do rural.
-Amorosa: expoñen dende o punto de vista popular conflitos acontecidos entre namorados.
-Intimista: emerxe a visión pesimista do amor, a dor ou a saudade da propia Rosalía.

-Social: poemas de defensa da xustiza social onde se denuncia a emigración, o caciquismo ou a miseria dos labregos. 

FOLLAS NOVAS (1880)


Libro publicado na Habana en 1880, aínda que estaba escrito moitos anos antes. No prólogo aclara que vai ser unha obra diferente á anterior, que se afasta do ton vitalista de CG para centrarse nun sentimento pesimista da vida, o que non lle impide mostrar os problemas do pobo.
FN está estruturado en cinco partes e dúas grandes temáticas 

A obra consta dun prólogo en prosa e 137 poemas, clasificados en cinco apartados ou “libros”:

“Vaguedás”, “¡Do íntimo!”, “Varia”, “Da terra” e “As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos”.
Trátase dunha obra máis persoal e filosófica que CG, aínda que hai algúns poemas que poden continuar a liña do primeiro. A autora destaca no “Prólogo” que o novo libro non era fillo da mesma inspiración que dar de si CG (CG = xuventude e esperanza ; FN = escepticismo e pesimismo).
Tendo en conta a perspectiva do suxeito poético, podemos clasificar os cinco “libros” en dous grandes apartados:
a)A lírica solitaria ou subxectiva. Poemas incluídos en “Vaguedás” e “¡Do íntimo!”. No primeiro (20 poemas) reflexiona sobre a escrita feminina e sobre os trazos e contidos da súa propia obra. Manifesta o seu estado anímico (desasosego, pesimismo, saudade...). No segundo (36 poemas), hai reflexións metafísicas, filosóficas e intimistas sobre a insolidariedade humana, o paso do tempo, a perda das ilusións...Consíderase a Rosalía como precursora das correntes filosóficas existencialistas.
b)A lírica solidaria ou obxectiva. Poemas das partes “Da Terra” e “As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos”. No primeiro (9 poemas), Rosalía deixa clara a súa identificación co pobo galego. Ás veces, recorda o estilo de CG. No segundo (31 poemas), céntrase no fenómeno da emigración e nas causas que o provocan. Admiración polas mulleres campesiñas galegas do seu tempo.
Como “libro “ ponte está “Varia” (40 poemas), onde Rosalía expón a realidade múltiple e complexa que rodea o “eu” que falou nos apartados anteriores. A obra expresa unha viaxe do “eu” ao “nós”, da individualidade á colectividade, do intimismo e subxectivismo á identificación co pobo e a unha maior obxectividade.
FN demostrou a capacidade do idioma galego para abordar e expresar todo tipo de temas, sentimentos e inquietudes existenciais (de aí a acollida menos entusiasta que a de CG).

5.2.Obra en español

-La flor -”Lieders” -La hija del mar -”Las literatas. Carta a Eduarda” e “El cadiceño”

loco -El caballero de las botas azules

-En las orillas del Sar


6.Principais trazos lingüísticos e estilísticos
-A mi madre -Flavio -Ruínas -El primer -”Padrón y las inundaciones”
Emprega o galego falado polo pobo na comarca de Santiago-Padrón (galego espontáneo e coloquial, sintaxe sinxela e léxico con castelanismos). Representa o seseo e usa numerosos vulgarismo léxicos. Ela mesma di que escribe un galego sen gramática.
Os recursos estilísticos son de inspiración popular: repeticións, paralelismos, rimas asonantes, estruturas comparativas e anáforas.
Na métrica de CG abundan as formas de arte menor (procedencia popular = romance ou muiñeira; procedencia culta = décima, oitava real). En FN, hai unha revolución e Rosalía opta por versos de arte maior e novas combinacións.


CURROS ENRÍQUEZ

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/manuel-curros-enriquez-letras-galegas-1967



1.-BIOGRAFÍA
Naceu en Celanova (Ourense) en 1851. Con 15 anos marchou da casa paterna para ir vivir a Madrid. Alí participou en ambientes intelectuais, ao tempo que viviu a revolución de 1868. Defendeu apaixonadamente a república como forma de goberno e o federalismo como modelo de organización do Estado. A súa profesión foi a de xornalista.
En 1877 participa no concurso literario da cidade de Ourense coas composicións “A Virxe do Cristal”, “Unha voda en Einibó” “O gueiteiro” (primeiro premio e estrea como poeta en galego). 
Volve a Ourense e en 1880 (Follas novas, de Rosalía de Castro), publica Aires da miña terra, obra polémica co bispado de Ourense que fixo que fose xulgado (e absolto) por presuntos ataques á relixión católica (anticlericalismo = O divino sainete, 1888).
En 1895 emigra a Cuba. Regresa á Coruña en 1904 para recibir unha homenaxe. De novo en Cuba, foi un dos impulsores da creación da Real Academia Galega.
Faleceu na Habana en 1908 e os seus restos foron repatriados ese mesmo ano e enterrados na Coruña.

2.-OBRA

-Aires da miña terra (1880), poemas de temática social, aínda que tamén hai outros de temática costumista e intimista.

-O divino sainete (1888), poema narrativo de carácter satírico

AIRES DA MIÑA TERRA (Liñas temáticas)
-Liña cívica ou social: Curros dicía que a literatura tiña que ter a función social de compromiso co pobo galego, coa democracia e coas ideas progresistas. Denuncia a inxustizas e opresión cara aos máis débiles (labregos) e critica os caciques e fidalgos. Poemas de ton anticlerical. A súa poesía ten continuación no século XX con poetas como Ramón Cabanillas e Celso Emilio Ferreiro.

-Liña costumista: estética costumista propia do seu tempo e da poesía popular. Recrea lendas,

tradicións e tipos populares. Carácter reivindicativo.
-Liña intimista: en poucos poemas expresa os seus sentimentos. Son aqueles en que mostra a alegría polo nacemento dun fillo ou a dor pola morte da nai, ou mesmo pola morte de Rosalía de Castro.

O DIVINO SAINETE
Longo poema narrativo de carácter burlesco que parodia a Divina Comedia de Dante Alighieri. Está protagonizado polo propio Curros que, en compaña de Francisco Añón, realiza unha viaxe a Roma para gañar o xubileu. Añón será o guía de Curros no percorrido polos sete vagóns dun tren, que representan os sete pecados capitais: preguiza, envexa, gula, ira, luxuria, avaricia e soberbia. En cada vagón encontran personaxes cos que Curros mantivera algunha polémica ao longo da súa vida. Unha vez en Roma, visita ao papa León XIII e aconséllalle que a Igrexa abandone a súa riqueza e volva á vida sinxela.
A obra é unha caricatura da sociedade daquel tempo. Fai unha crítica feroz a todos os estamentos sociais, centrándose nos poderosos, nos seus inimigos e na Igrexa católica (anticlericalismo).

3.-LINGUA E ESTILO
Para Curros, a poesía é un medio de compromiso cívico cos máis débiles, por iso emprega un galego popular da zona de Celanova (pero coida o léxico, a sintaxe e procura evitar os castelanismos) para que o seu público o entenda. Nos poemas sociais predomina a ironía, as comparacións metáforas. Nos costumistas, emprega paralelismos, repeticións anáforas.

EDUARDO PONDAL

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/eduardo-gonzalez-pondal-e-abente

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/himno-galego

1.-BIOGRAFÍA
Nace en Ponteceso (A Coruña) en 1835 no seo dunha familia de orixe fidalga. Estudou os clásicos

gregos e latinos e fixo Medicina en Santiago de Compostela. Con Aurelio Aguirre, foi promotor do Banquete de Conxo, acto que uniu o 2 de marzo de 1856 a obreiros e estudantes.
Participaba no faladoiro chamado “A Cova Céltica”, que se desenvolvía na libraría Carré con Manuel Murguía, Martínez Salazar e Manuel Lugrís Freire, entre outros. Alí asume o papel de bardo.
En 1890 baixo a petición do músico Pascual Veiga, Pondal escribe o poema “Os Pinos”. En 1907 esta peza musicada por Veiga será estreada na Habana e considerada dende aquela himno de Galicia.
Morreu nun hotel da Coruña en 1917 e foi soterrado no cemiterio de Santo Amaro.

2.-OBRA
En 1861 publica o seu primeiro poema en galego (“A campana de Anllóns”) que aparecera no Álbum de la Caridad, onde se recolleran os poemas participantes nos primeiros Xogos Florais de Galicia.
En 1877 publica Rumores de los pinos (poemas en galego e castelán). A partir del publica Queixumes dos pinos totalmente en galego, en 1886.
En 1992 publicouse postumamente a súa obra Os Eoas, na que estivo traballando toda a vida e que nunca viu publicada.
Queixumes dos pinos (1886) 
Poesía
Poemas épicos e líricos
Os Eoas (1992)
Poesía
Poema épico narrativo longo 

3.-QUEIXUMES DOS PINOS
Obra composta por poemas de carácter épico e lírico na que destacan os seguintes elementos:


- O celtismo

Pondal defende a orixe celta de Galicia e propón construír coa súa obra unha épica céltica para o pobo galego. Toma a toponimia da Costa da Morte para nomear antigos guerreiros galegos, heroes dun pasado mítico, cuxas fazañas históricas han servir como exemplo de valor cara a un soñado futuro glorioso.

É importante a figura do bardo como encargado de preservar a memoria da tribo ao tempo que exerce de guía do pobo.
Pondal presenta unha situación na que existe un pasado heroico do pobo galego libre, un presente de opresión e escravitude e un futuro, no que o pobo con valor, guiado polo bardo, conseguirá o triunfo da liberdade.



- A natureza
Vía no panteísmo do pobo galego a principal herdanza dos celtas. Os elementos da natureza cobran maior protagonismo: a terra como espazo que comunica co pasado e co futuro; as árbores, como guerreiros chantados na terra e á vez movidos polo vento; a propia paisaxe, que lle serve para expresar sentimentos como o paso do tempo, a soidade, a paixón amorosa, entre outros.


- A virilidade

A súa obra está presidida por unha épica militar que enxalza o forte e o enérxico, identificado co home, fronte ao débil e feble, personificado na muller.



4.-OS EOAS

Traballou ao longo da súa vida nesta obra, mais o seu perfeccionismos fixo que non fose publicada en vida do poeta (1992).

É un canto épico ao descubrimento de América inspirado en Os Lusíadas de Luís de Camões.



5.-LINGUA E ESTILO

Emprega unha linguaxe moi coidada, estilizada, que refuga da lingua coloquial. Usa moito os


cultismo polo seu amplo coñecemento das linguas clásicas (grego e latín).

Recorre aos símbolos e á adxectivación retórica. Moi preocupado por dignificar a lingua galega. 

LENDA DE BREOGÁN

COMENTARIO TEXTO


COMENTARIO POÉTICO1.-Lectura do poema: debes ler o poema as veces que sexan necesarias para entendelo plenamente.
2.-Introdución: achegamento ao poema e ao seu contexto. Debes comprobar de que libro procede, así como cando e onde se publicou. Isto axudarache a situalo dentro do conxunto da obra do autor ou autora, así como no contexto da corrente literaria e da época.
3.-Análise da voz poética: fíxate nos pronomes, verbos... Están en 1a persoa ou en 3a?
4.-Achegamento ao contido do poema:a.-de que trata? Resumo do asunto do poema.
b.-cal é, en consecuencia a temática do poema? (ten en conta o léxico) c.-tempo, espazo e personaxes 
5.-Estrutura: poderías dividir o poema en partes tendo en conta o contido? Explica o contido de cada parte e xustifica (explica) a división que fas. Sinala os versos que comprenden cada parte.
6.-Forma do poema: comentario da forma estrófica. Explica de que tipo de estrofa se trata, que tipo de versos a forman e cal é a rima. Logo continúa cos recursos formais (aliteracións, anáforas, comparacións...)
7.-Síntese final e opinión persoal: sintetizar o máis interesante e achegar a opinión persoal (sempre convenientemente explicada).


1.-Pra Habana
V
Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van. 

Galicia, sin homes quedas 
que te poidan traballar.
5 Tes, en cambio, orfos e orfas 
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos 
e fillos que non ten país
E tes corazóns que sufren
10 longas ausencias mortás, 
viudas de vivos e de mortos
que ninguén consolará.Rosalía de Castro, Follas novas


2.-Esta composición é a parte V do primeiro poema do Libro V (“Viudas dos vivos e viudas dos mortos”) de Follas Novas, o segundo libro de Rosalía de Castro que se publica en 1880 e un dos máis importantes que se publica durante o Rexurdimento.

3.-A voz poética parece establecer un diálogo no que se dirixe a Galicia “sin homes quedas” (3) “tes” (5, 9).

4.-O tema central é a desolación de Galiza polo abandono dos seus habitantes (“Galicia, sin homes quedas / que te poidan traballar”, versos 3-4). Trátase o tema desde a perspectiva dos que quedan, non dos que marchan e neste anaco non se fai referencia a que a razón deste abandono é a emigración, pero si no resto do poema e é ademais un dos temas máis importantes de Follas Novas.

5-Segundo isto, podemos dividir o poema en dúas partes. A primeira, do verso 1 ao 4, onde se falan dos que se van. A segunda, do verso 5 ata o final, na que se dá a visión dos que quedan aquí.

6.-No que respecta á forma do poema, debemos destacar que os principais elementos a comentar están relacionados coa métrica. Verso octosílabo, un verso popular, pero que tamén se cultivou na poesía culta (Romanticismo). Rima asonante alterna só nos versos pares. Esta é a rima que domina
na obra, que destaca pola súa forma poética novidosa, xa que a autora usa a forma do xeito que cre máis axeitado para o que quere expresar.
No que respecta á sintaxe, hai un hipérbato no verso 3 (“Galicia, sin homes quedas”) coa finalidade de destacar o substantivo “homes” que se antepón ao verbo.
Temos a repetición dunha ou varias palabras en contacto no verso 1 (“Este vaise i aquel vaise,”) e no 2 (“e todos, todos se van”). Tamén se dá a anáfora (repetición dunha ou máis palabras ao comezo de varios versos sucesivos) e polisíndeto nos versos 2, 6, 7, 8 e 9 (“e todos, todos se van; e campos de soledad / e nais que non teñen fillos / e fillos que non ten pais. E tes corazóns que sufren”).
Hai unha acumulacións de palabras que se dá na enumeración dos que se van (“Este vaise i aquel vaise, / e todos, todos se van”) e dos que quedan (“Tes, en cambio, orfos e orfas / e campos de soledad, / e nais que non teñen fillos / e fillos que non ten pais. / E tes corazóns que sufren / longas ausencias mortás, / viudas de vivos e de mortos”). É un fenómeno intensificador da idea central.
No que respecta ao léxico, vemos que emprega un léxico popular e usual. Hai unha serie de fenómenos semánticos que recalcan a idea principal de soidade como son a hipérbole “sin homes quedas”, a metáfora “campos de soledad” ou o paradoxo “nais que non teñen fillos / e fillos que non ten pais; viudas de vivos e de mortos”.

7.-Podemos concluír, que este poema de Rosalía de Castro trata unha temática propia da poesía social (a emigración). Nel denuncia o drama que viven as persoas que pasan por esa situación e faino utilizando un léxico e uns versos propios da poesía popular, igual que fai outro gran poeta do Rexurdimento como é Manuel Curros Enríquez. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LITERATURA MEDIEVAL

HISTORIA DE GALICIA - O GALEGO- PORTUGUÉS (ata o minuto 11) P RESENTACIÓN LITERATURA MEDIEVAL 3º ESO Lírica medieval galego portu...

ENTRADAS POPULARES